Taboleiro

O ALUMNADO DOS CICLOS DE MADEIRA PARTICIPA NUNHAS XORNADAS FORMATIVAS EN FEXDEGA

O alumnado e profesorado do Departamento de Madeira asistiu á Xornada Tecnolóxica do sector que tivo lugar os pasados venres e sábado no recinto de FEXDEGA, en Vilagarcía. Participaron encharlas de formación dos programas e máquinas e dispuxeron de asesoramento e explicacións técnicas das características e manexo das máquinas (Galimaq, Homag). Unha parte do alumnado tivo a ocasión de realizar a montaxe de mobles cos elementos fabricados nas máquinas e que foron doados ao centro.
Parabéns pola iniciativa e polo traballo.
Máis imaxes AQUí

PREMIO PARA UN VÍDEO REALIZADO POR ALUMNAS DO LOSADA

O video AS TICS CON XEITO:CONTRASINAIS, realizado polas alumnas Iria Pérez e Lara Rey a finais do curso pasado, coa colaboración do seu profe Emilio Villanueva foi premiado no certame estatal EMOVE FESTIVAL. O magnífico traballo foi premiado na categoría Reportaxes, 1º ciclo ESO. e o premio será entregado en datas vindeiras na capital do estado. Moitos parabéns!!! Aí queda o vídeo:

 

AXUDAS NEAE

Lembrámoslles as familias do noso alumnado que está aberto o prazo para presentar solicitude de axuda para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2022-2023. Este prazo remata o venres 30 de setembro.

Pode consultarse a convocatoria e demais información AQUÍ.

Para calquera dúbida relacionada con estas bolsas poden dirixirxe ao departamento de orientación do centro.

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

Pódese consultar a listaxe de libros de  texto para Bacharelato e FPB AQUÍ

ASÍ SERÁ O INICIO DO CURSO 2022-2023

Estes serán os horarios de inicio dos diferentes grupos:

O alumnado correspondente agardará no patio dianteiro do centro, no exterior do edificio para entrar no mesmo cando sexa convocado. Será recibido polo Equipo Directivo e os titores e titoras correspondentes.

Unha vez feita a presentación, o alumnado continuará no centro no horario e aula que lle corresponda, ata o final da xornada. 

Pode descargarse o horario en PDF AQUÍ.

NOVA OFERTA NA FORMACIÓN PROFESIONAL DUAL NO LOSADA DIÉGUEZ

O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez amplía a súa oferta na Formación Profesional para o curso 2022-2023

O centro educativo estradense oferta para o vindeiro curso dous novos ciclos superiores de Formación Profesional, ambos incluídos na FP Dual.

Os novos ciclos formativos pertencen ás familias de Madeira e Informática:

Ciclo Superior de deseño e amoblamento

Ciclo superior de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

A oferta completa dos ciclos formativos de grao medio e superior do centro poden consultarse aquí:

CICLOS MEDIOS

CICLOS SUPERIORES

 

O PRAZO DE SOLICITUDE DE PRAZA REMATA O 5 DE XULLO DE 2022

MATRÍCULA PARA ESA E BACHARELATO DE PERSOAS ADULTAS

O prazo para matricularse na ESA (Ensinanzas secundaria de persoas adultas) e Bacherelato de persoas adultas, que se imparten no centro comeza o luns 11 de xullo.

Horario de  atención ao público: de 9 a 13 horas

REVISTA DO LOSADA. CURSO 2021-2022

Desde mediados do mes de xuño xa contamos cun novo número de ELOGHO?, a revista promovida polo EDLG do Losada.

Aquí podes vela e descargala a toda cor:

 

Revista ELOGHO? 2022 by elogolosada

ACTO DE DESPEDIDA DOS CICLOS FORMATIVOS MEDIOS E SUPERIORES. PROMOCIÓN 2022

O IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ PON REMATE ÁS ACTIVIDADES LECTIVAS DO CURSO 2021-2022 CO ACTO DE DESPEDIDA DO ALUMNADO DE FORMACIÓN PROFESIONAL

Este curso, por primeira vez, realizouose un acto formal de despedida do alumnado dos ciclos medios e superiores da Formación profesional do IES Pl. Antón Losada Diéguez. No mesmo participaron alumnos e alumnas que rematan os estudos dos ciclos:
 
CICLOS MEDIOS:

-Sistemas microinformáticos e redes
-Carpintaría e moble
-Instalación e amoblamento (Dual)
-Electromecánica de vehículos automóbilies

CICLOS SUPERIORES:

-Administración e finanzas
-Desenrolo de aplicacións multiplataforma

Todos pertencentes as familias profesionais que se imparten no centro: Administrativo, Automoción, Informática e Madeira.

Entregouse un diploma conmemorativo a cada alumno/a xunto coa fotografía de recordo da promoción.
Ao rematar, o profesorado e alumnado puido compartir un aperitivo de confraternidade.

Aí podes ver as imaxes do evento:

 

Despedida Ciclos Formativos 2022 e fotos conmemorativas

DEPÓSITO DE TÍTULO DE BACHARELATO E MATRÍCULA NA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DA ABAU

O alumnado de 2º Bacharelato que aprobou todas as materias na convocatoria extraordinaria ten que facer o depósito do título de bacharelato e matricularse na ABAU, se o desexar.

Deben dirixirse á secretaría do centro o día 28 de xuño para facer os trámites necesarios. Horario: de 9 a 13 horas.