Taboleiro

Axudas libros curso 2013/14

ORDE do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición
de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario
destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación
secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos
públicos, no curso escolar 2013/2014.

DOG (Nº 103) (31 de maio de 2013). Descargar PDF

Prácticas formativas non remuneradas en empresas da Unión Europea

ORDE do 25 de abril de 2013 pola que se establecen as bases que rexen as
axudas para o programa Galeuropa a mozos e mozas para a realización de
prácticas formativas non remuneradas en empresas de calquera dos Estados
membros da Unión Europea, agás España, e se procede á súa convocatoria

DOG (Nº82) 29 de abril de 2013. Consultar texto íntegro Descargar PDF

Procedemento admisión alumnado ESO e Bacherelato

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2013 de aforro e eficiencia enerxética para proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia, no marco do convenio subscrito entre o IDAE e o Inega o día 3 de xullo de 2008 e con financiamento en parte procedente de fondos comunitarios derivados do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013.

 

DOG nº 53 (15 de marzo de 2013). Consultar texto íntegroDescargar PDF

Educación de Adultos

Do 10 ó 16 de xaneiro

Aberto o prazo de matrícula en 2º e 4º de ESO de Educación de Adultos

Pensar Políticamente o Presente

O departamento de Filosofía do IES Antón Losada Diéguez organiza un ciclo de charlas que teñen por obxeto reflexionar sobre os cambios políticos que veñen producíndose ao longo das últimas décadas en todo o mundo. As novas realidades sociais e políticas xurdidas da globalización e da multiculturalidade supoñen un importante desafío para as sociedades democráticas, e de aí nace a necesidade de pensar políticamente o presente.

Programa das xornadas

ELECCIÓNS DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

 

Foto do centroA dirección do I.E.S “Antón Losada Diéguez”  quere comunicar a tódolos sectores da comunidade educativa deste centro:

SEGUNDO a resolución do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, polo que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares sostidos con fondos públicos.

CONVÓCASE eleccións para renovalos representantes no Consello Escolar de país/nais, mestres/mestras e persoal non docente.

O acto público no que por sorteo, serán designados os membros da XUNTA ELECTORAL, terá lugar na secretaria do centro o vindeiro MARTES 30 de OUTUBRO ás 12:00.  

 

 

                                                            A Estrada, 24 de outubro do 2012

                                                                                    A Dirección

 

Presentación do curso 2012/2013

Consulte a data e hora do acto de presentación do novo curso académico para os distintos niveis educativos. ficheiro pdf