Taboleiro

ÁBRESE O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Xa está aberto o prazo para inscribirse nas probas de acceso aos ciclos medios e superiores da Formación Profesional.

Inscrición no grao superior: do 10 ao 19 de febreiro

Inscrición no grao medio: do 2 ao 13 de marzo

Pódese consultar e descargar o calendario competo no seguinte enlace. CALENDARIO PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2020

SEMANA DE ACTIVIDADES ARREDOR DA CIENCIA, MULLER E IDIOMA NO LOSADA

 DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCA

A Catedrática en Química Analítica da USC, Marta Lores Aguín, FOI a encargada de impartir unha charla divulgativa arredor da presenza da muller no ámbito dos estudos e a investigación científica. Foi dirixida ao alumnado de ciencias de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato do centro.

A actividade enmárcase dentro da liña de actuación do Losada encamiñada á potenciación das vocacións científicas das mozas estudantes do centro. A actividade tamén se encadra dentro da liña de actuación derivada do contrato programa de mellora da excelencia educativa “A ciencia en galego”. Tivo lugar o martes 11 no salón de usos múltiples.

A actividade foi programada e organizada polo Departamento de Física e Química.

 

O mércores 12 realizouse unha charla-coloquio para este mércores 12, baixo o título de “A información meteorolóxica en galego”.

A relatora foi, nesta ocasión, a coñecida xornalista e informadora do tempo na TVG, Mabel Montes, que achegou ao alumnado do Losada información de como se realizan as previsións meteorolóxicas, que medios e instrumentos usan, como se interpretan os mapas e tempo e como nolo transmiten aos espectadores e espectadoras.

A actividade tamén está incluída na liña de actuación derivada do contrato programa de mellora da excelencia educativa “A ciencia en galego”. Tivo lugar no salón de actos do centro e foi dirixida ao alumnado de 1º e 4º ESO.

A actividade esta programada e organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Bioloxía.

 

Mais info e imaxes no seguinte enlace: BLOG DO EDLG LOSADA

 

A CONSELLEIRA DE EDUCACIÓN ANUNCIA LICITACIÓN DAS OBRAS NOS TALLERES DE AUTOMOCIÓN DO LOSADA

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar anunciou hoxe que o seu departamento ten previsto licitar dentro deste ano 2020, probablemente na segunda metade do mesmo, a obra de reforma dos talleres de Formación Profesional do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.  Fíxoo na apertura da I Mostra de Orientación Educativa e Profesional do Concello da Estrada, na que participou esta mañá, e que se desenvolverá os días 13, 14 e 15 de xaneiro nesta localidade pontevedresa.

Segundo explicou a titular do departamento educativo da Xunta de Galicia, a actuación está en fase de redacción de proxecto e as obras poderían comezar xa a finais de ano. Prevese que o orzamento supere os 250.000 euros, en función do programa de necesidades.

En base ás previsións iniciais, as obras consistirían na remodelación total do edificio de talleres que alberga o ciclo de grao básico de Mantemento de vehículos e medio de Electromecánica de vehículos automóbiles, titulacións cunha alta demanda. Así mesmo incluiría unha reforma integral dos aseos e vestiarios masculinos, así como a instalación de vestiarios femininos.

A I Mostra de Orientación Educativa e Profesional do Concello da Estrada ten como obxectivo amosar aos estudantes da localidade a oferta de ensino dos centros do municipio, así como outras opcións a nivel universitario, das Forzas Armadas e do Centro Superior de Hostelería de Galicia. Para isto haberá obradoiros impartidos no posto do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez arredor da Formación Profesional, así como charlas sobre as súas posibles saídas. Ademais ofreceranse relatorios sobre orientación universitaria e información sobre a oferta de ocio á xuventude. Así mesmo, o IES de Mugardos impartirá un obradoiro de Agroxardinería.

(Nova recollida do Portal Educativo da Xunta de Galicia)

A nova nos medios de comunicación:

FARO DE VIGO

LA VOZ DE GALICIA

Matrícula nos Módulos II e IV das Ensinanzas de persoas adultas

O IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ mantén aberto o prazo de inscrición no Módulo II e no Módulo IV das Ensinanzas para Persoas Adultas que se imparten no centro en horario de tarde-noite, de 17 a 22 horas, con carácter xeral. A matrícula debe formalizarse na Secretaría do centro.

As clases darán comenzo o luns 10 de febreiro.

 

 


 

FELICES FESTAS PARA TODOS E TODAS

A comunidade educativa do Losada deséxache unhas boas festas e un feliz 2020.

Volvemos coas clases o 8 de xaneiro.

25 N CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

25 de novembro, luns


Lectura do manifesto elaborado polo alumnado de 1º BAC


(1º recreo)
Patio do centro. Se chove, realizarase no patio cuberto na entrada posterior do centro.
 


Intervención musical do Coro IES Pl. Antón Losada Diéguez


2º recreo
: Salón de usos múltiples.



Reparto de adhesivos pola igualdade, bo trato e o respecto.



Escaleiras cara a igualdade. Intervención realizada polo alumnado de 1º ESO nas escaleiras interiores do centro.



Ver no blog da biblioteca

Mostra de libros sobre a igualdade na entrada do centro.



 

26 de novembro, martes


Contos e poemas pola igualdade


2º recreo
. Biblioteca

Enlace ao blog da biblioteca do centro onde se recollen moi diveros materiais de traballo para as aulas

Materiais de traballo

 

Apertura do curso 2018/19

No seguinte documento achégase o horario de recepción dos alumnos o vindeiro luns 17 de setembro, día de apertura oficial do curso 2018/19 no IES Antón Losada Diéguez

Calendario de exames de Setembro 2018

No seguinte documento achégase información sobre o calendario das probas de setembro de ESO, Bacharelato, FP Básica, ESA e Bacharelato de adultos

Calendario de exames finais de Secundaria (ESA) e 1º Bacharelato de Adultos

Nos seguintes documentos atópanse os calendarios de exames finais correspondentes aos estudos de Educación Secundaria de Adultos (ESA) e 1º de Bacharelato de Adultos

Excursión ás Illas Cíes

Estase a organizar unha excursión do alumnado do centro ás Illas Cíes para o vindeiro 19/6/2018.

De xeito que poidan facerse as correspondentes solicitudes de autorización na Xunta de Galicia para visitar ás illas, prégase que o alumnado interesado cubra os seus datos persoais (até o lúns 4 de xuño) a través do seguinte enlace