Educación plástica e visual

Primeiro número de PREBE, a revista do MGB

Xa podedes ler, ver, descargar ou imprimir, o primeiro número da revista gráfica do MGB, PREBE.

Fotografía, cómic, poesía, relatos e moito máis. Preme na imaxe para vela!

Clube de Foto no MGB

Este venres vaise crear no MGB un clube de Foto, onde se poderán apuntar os alumnos e profesores que queiran.

A idea e sacar fotos, subilas ao blog, intercambiar cámaras e outras cousas que vaian xurdindo.

A cita é no primeiro recreo (10:25 h.) do vindeiro venres 17 de febreiro na Aula de Debuxo Artístico, onde se programará a primeira saída fotográfica (tense pensado levar a cabo unha ao mes).

Exposición no restaurante Velis Nolis da Estrada

Durante o mes de febreiro, o profesor Mariano Casas exporá no restaurante Velis Nolis da Estrada unha serie de pinturas e imaxes dixitais. Aquí deixamos un aperitivo...

Nace un novo blog no MGB: o MGBook

Neste blog poderedes ver algúns dos traballos dos alumnos de Bacharelato Artístico do Manuel García Barros de A Estrada, e tamén moita información de interés, non só para estes alumnos, senón para calquera ao que lle guste o mundo do debuxo, a ilustración e as artes gráficas e plásticas.

Estade moi atentos. Podevos ser de moita utilidade e tamén podedes estar seguros que algún dos nomes dos que firman algún destes traballos vai soar moito máis dentro duns anos. Con esta canteira (non tedes máis que botar unha ollada) temos e teremos un bo equipo.

Colección Zanchi

O próximo mércores 22 de decembro, pola tarde, os alumn@s de 1º B BACH da materia de Debuxo Artístico realizarán unha visita á exposición Colección Zanchi , Fundación caixa nova en Santiago.

 

Traballos de Plástica de 1º de ESO

Xa están subidas neste álbum de Flickr as imaxes do traballo dos alumnos de 1º de ESO, que realizaron copias de obras de varios autores galegos, como Maside, Seone, Granell e Caruncho. (preme aquí para ver como presentación)

Adxudicouselle a cada alumno unha parte da obra segundo o grado de dificultade adaptándose as súas capacidades. O formato empregado foi A4, en papel de acuarela para traballar con témperas. Para o paso do debuxo de formato pequeno a grande utilizaron a cuadrícula, aplicando para a súa realización o teorema de THALES. Unha vez rematado todos os traballos pegáronse sobre unha superficie, perfilando ben as unións entre todos os papeis.

Os traballos pasarán a formar parte da decoración interior do centro. Agradecemos aos alumnos o seu esforzo e interese xa que para rematar este traballo empregáronse recreos e todas as horas que tiñan dispoñibles.

pintores gallegos 1eso 018 copia.jpg

Visita aos muiños de Ribadumia

O vindeiro xoves 11 de decembro o alumnado de 1º ESO A e C farán unha visita guiada polos muiños de Ribadumia como actividade da asignatura Proxecto Interdisciplinar. Sairán do centro ás 9:30 horas e voltarán ás 14:25

Graffiti

O vindeiro martes 21 de Outubro, 25 alumnos de 1º ESO participrán na  actividade  Graffiti no IES Nº 1 acompañados cos profesores de plástica. Sairán as 10: 30 horas e actividade durará 50 minutos aproximadamente.

Distribuir contido