Educación plástica e visual

Charla da ilustradora Ana Santiso

O vindeiro xoves 12 de novembro terá lugar no noso centro unha charla da ilustradora galega Ana Santiso. Esta  actividade realizarase na Sala de Usos Múltiples e está destinada ao alumnado de 1º e 3º de ESO.

Cordeles de la escalera

Os autores da composición que se ve na foto son os alumnos de 1º Bacharelato que a continuación se relacionana: Adrián Rey Quintás, Alba Montouto Torres, Lucía Gañete Vidal e Uxía López López.

Eclipse de Sol

O vindeiro venres, 20 de marzo, terá lugar un eclipse de Sol que poderá observarse dende Galicia. O acontecemento comezará ás 09:05 e rematará ás 11:08. Como xa sabedes, a visión directa do fenómeno pode ocasionar graves problemas de saúde. Unha maneira segura de velo e utilizando unha cámara escura. Os alumnos/as de 4º ESO, dentro dos contidos da materia de Plástica, están construíndo e manexando ditas cámaras. Se estades interesados realizarán unha explicación de como é o proceso de construción e manexo das cámaras. Terá lugar o vindeiro xoves, no segundo recreo, nas pistas de baloncesto.
Se desexades máis información de como construíla, premede no seguinte enlace: http://mgbook.blogspot.com.es/2015/03/eclipses-e-camaras-escuras.html

eclipse.jpeg

Saída do Bacharelato de Artes Plásticas

Alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato visitarán o vindeiro mércores, 18 de marzo, a Fundición de Campás de Arcos da Condesa (Caldas de Reis) e ao taller do escultor Francisco Pazos en Meaño. Estarán acompañados polos profesores, Xoan X. Pérez e María Armada.



escultor.jpeg

Sobredose, finalista en OUFF Escola 2014

A curtametraxe SOBREDOSE, realizada por Héctor Fernández, Martín Duro e Abel Carbajal (agora xa exalumnos do IES MGB) foi finalista do certame de cinema escolar OUFF Escola de Ourense. Parabéns aos tres polo traballo ben feito.
Para obter máis información accede a esta ligazón.

OUFF ESCOLA.JPG

Premios Ouff escola en Ourense

O vindeiro mércores, 19 de novembro, terá lugar a gala de entrega de premios Ouff Escola a que acudirá o noso instituto que acadou un dos galardóns. Asistirán os alumnos/as de 1º bacharelato de cultura audiovisual acompañados polos profesores, Xoán Xosé Pérez e Miguel Carbajal. Parabéns polo traballo levado a cabo o pasado curso  que mereceu este recoñecemento.

ouff escola.jpeg

XA PODEDES VER A REVISTA PREBE#3 DIXITAL

Xa está publicado e colgado o número 3 da revista gráfica PREBE, con traballos dos alumnos de bac. de artes (e dalgúns outros) recopilados durante o curso pasado, 2013 2014.

O número contén, ademáis, un suplemento especial, DOLCE FAR NIENTE, adicado a excursión a Roma do curso pasado, que como sabedes foi toda unha odisea.

Con prólogo de Lucía Tilve e portada de Ariadna Silva (a revista impresa ten portada de Isaac Rivadulla), aquí tedes a versión dixital, de cen páxinas.

PREME NA PORTADA PARA LEER A REVISTA...

Podedes facervos cun exemplar da edición impresa apuntándovos na sala de profesores, reservando un exemplar, xa que vaise facer tiraxe limitado baixo demanda

Charla de Fran Bueno no IES Manuel García Barros.

O xoves, 9 de outubro, en horario de 10:45 a 11:35 horas,  o debuxante de cómic, Fran Bueno, gañador do último premio “Castelao” ofrecerá unha charla no noso centro aos alumnos/as do Bacharelato de Artes (1º e 2º) e os alumnos/as de plástica de 4º ESO. O acto, organizado polo Departamento de Plástica, terá lugar na aula de usos múltiples do centro.

thumb_190_franbueno2.jpg

Saída cultural a Roma

Os alumnos/as de Bacharelato viaxarán a capital italiana. A saída terá lugar o sábado, 21 de xuño, do aeroporto de Lavacolla (Santiago de Compostela) ás 14:00h. O regreso está previsto para o mércores, 25 de xuño. Estarán acompañados polos profesores Mariano Casas e Xoán Xosé Pérez. Se desexas unha información máis completa da viaxe consulta o “planingnesta ligazón.

piazza navona.jpeg

COLABORACIÓN DO IES GARCÍA BARROS COA ESCOLA INFANTIL ELFOS

A escola infantil Elfos, dentro do seu Programa Educativo, está a lograr unha apertura a sociedade, interrelacionándose con outras realidades dentro e fóra da escola. Neste senso dentro do programa “filosofía para nenos”, no apartado Filosof-ARTE, tratamos de introducir aos nenos e nenas de un a tres anos nos procesos de creación artística. Para iso o departamento de Plástica do MGB colabora con nós, para elaborar unha “Pintura Mural” nunha parede da escola infantil “ELFOS”. Este mural foi deseñado por André Díaz Cerviño (exalumno de ELFOS) e será pintado polos alumnos/as do Bacharelato de Arte do IES (algúns deles antigos alumnos/as da devandita escola) dirixidos polo profesor Xoán Xosé Pérez.

La Voz de Galicia (aquí) e El Faro de Vigo (aquí) informaron sobre o evento.

A foto dos nosos alumnos pertence ao primeiro dos xornais citados.

mural andre.JPG

SAÍDA CULTURAL A PONTEVEDRA

O vindeiro venres, 25 de abril, o alumnado do Bacharelato de Artes realizará unha visita a cidade do Lérez visitando a Facultade de Belas Artes e o Garaxe Hermético. A actividade, organizada polo departamento de plástica, desenvolverase en horario de 08:45 a 14:25. Os alumnos/as asistentes estarán acompañados polos profesores do centro, Mariano Casas e Xoán Xosé Pérez.

bellas artes.jpeg

“Hay Pad”. Mariano Casas na TVG.

O programa “ZigZag Diario” ofrece unha entrevista co artista Mariano Casas sobre a súa exposición “Hay Pad”, que se pode visitar no Espazo de Arte Campus Stellae de Santiago. Trátase dunha colección de debuxos realizados en iPad mediante idraw e caracterizados polas súas cores luminosas e trazos precisos, que os converte nunha experiencia gozosa e apetecible.

Proxectos de remodelación da Biblioteca

Os alumnos de 2º BAC de Artes, na asignatura de DESEÑO, fixeron uns proxectos (5 en total) de REMODELACIÓN da biblioteca, que posiblementese se leven á realidade. Os proxectos pódense votar e comentar nesta páxina.

remo_biblio_2013.jpg

Roaring Pipes

Curtametraxe elaborada polos alumnos de 4º de ESO de Plástica baixo a dirección do profesor Mariano Casas. Máis información en fotos no blog MGBook.

"Ruidos extraños se oyen en un instituto. La televisión y la policía se desplazan con sus unidades de élite dispuestos a resolver el misterio..."

Grafiteando

Xa están estampados todos os alumnos de 1º BAC de artes, no muro frontal do instituto. Aquí tedes o vídeo desta última parte do traballo, aínda que queda unha por facer. Estade moi atentos aos muros...os dixitais e os de ladrillo.

Pantallazo.png
Distribuir contido