“Hay Pad”. Mariano Casas na TVG.

O programa “ZigZag Diario” ofrece unha entrevista co artista Mariano Casas sobre a súa exposición “Hay Pad”, que se pode visitar no Espazo de Arte Campus Stellae de Santiago. Trátase dunha colección de debuxos realizados en iPad mediante idraw e caracterizados polas súas cores luminosas e trazos precisos, que os converte nunha experiencia gozosa e apetecible.