COLABORACIÓN DO IES GARCÍA BARROS COA ESCOLA INFANTIL ELFOS

A escola infantil Elfos, dentro do seu Programa Educativo, está a lograr unha apertura a sociedade, interrelacionándose con outras realidades dentro e fóra da escola. Neste senso dentro do programa “filosofía para nenos”, no apartado Filosof-ARTE, tratamos de introducir aos nenos e nenas de un a tres anos nos procesos de creación artística. Para iso o departamento de Plástica do MGB colabora con nós, para elaborar unha “Pintura Mural” nunha parede da escola infantil “ELFOS”. Este mural foi deseñado por André Díaz Cerviño (exalumno de ELFOS) e será pintado polos alumnos/as do Bacharelato de Arte do IES (algúns deles antigos alumnos/as da devandita escola) dirixidos polo profesor Xoán Xosé Pérez.

La Voz de Galicia (aquí) e El Faro de Vigo (aquí) informaron sobre o evento.

A foto dos nosos alumnos pertence ao primeiro dos xornais citados.

mural andre.JPG