Premios Ouff escola en Ourense
Enviado por Vicedirec. o 14 Novembro, 2014 - 10:21
O vindeiro mércores, 19 de novembro, terá lugar a gala de entrega de premios Ouff Escola a que acudirá o noso instituto que acadou un dos galardóns. Asistirán os alumnos/as de 1º bacharelato de cultura audiovisual acompañados polos profesores, Xoán Xosé Pérez e Miguel Carbajal. Parabéns polo traballo levado a cabo o pasado curso que mereceu este recoñecemento.