Taller de Creación Artística

"Animales Artificiales" no diario La Voz de Galicia

Nesta ligazón poden acceder á información do diario La Voz de Galicia, do mércores 16 de marzo, sobre o novo proxecto audiovisual Animales Artificiales, que se atopa en pleno proceso de rodaxe, levado a cabo polo taller de creación artística MGB do noso Centro.

Dairas no Diario El País

Nesta ligazón podedes leer o que saíu publicado onte, luns 14 de marzo, no diario El País sobre Dairas.

Tamén podes descargar o artigo en versión *.pdf

Captura de pantalla 2011-03-15 a las 11.06.59.png

Premios á Innovación Educativa

O Faro de Vigo de hoxe, martes 22 de febreiro, informa sobre a entrega dos premios á Innovación Educativa, un dos cales foi para Dairas.

Dairas no Faro de Vigo

Hoxe, luns 21 de febreiro de 2011, o xornal Faro de Vigo, informa sobre a curtametraxe DAIRAS.

Animais Artificiais

O mércores 19 e o xoves 20, pola tarde, os integrantes da banda do MGB acudirán ao estudo de gravación "Phonos" para realizar as tomas de son da curtametraxe "Animais Artificiais" con temas propios e versións. Os membros do Taller de Creación Artística do MGB baixo a batuta de Miguel Carbajal tratarán de dar un paso máis de cara ao novo traballo. Sorte e ánimo. 

Novo proxecto audiovisual

Información de La Voz de Galicia sobre o novo proxecto que vai emprender o taller de creación MGB.

Premio a Innovación Educativa

Orde pola que se resolve a concesión dos premios á innovación educativa para o profesorado de centros de ensino non universitario.

Animais artificiais

Novo traballo do Taller de Creación Artística do MGB, unha curtametraxe inspirada na obra teatral "Animales Artificiales" de Ana Vallés. Non deixedes de ver o vídeo "A señora da limpeza"(Sorprendente a súa soltura detrás da cámara)

Proxección de "Dormes" e "Amelia"

O alumnado de 1º e 2º ESO asistirá mañá, mércores día 22, á proxección de Dormes do Taller creación artística MGBAmelia de terra de Montes (documental), nas dúas últimas horas de clase na sala de usos múltiples. Suspéndese o Karaoke.

Felicitación a Dairas

Premer aquí para leer a felicitación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria polo premio CREARTE 2010 obtido pola curta Dairas.

"Dairas" na prensa

O xornal La Voz de Galicia do 25 de novembro de 2010 e o Faro de Vigo, tamén na mesma data, informaron que a curta "Dairas" recibíu o primeiro premio da Conselleria de Educación á innovación educativa.

Dairas en CURTOPIA

Dairas foi proxectada o día 16 na mostra de animación galega: Certame internacional Curtopia de Vigo,dentro da programación oficial. A dirección do festival comunicoulles aos representantes de Dairas ,alí presentes, que a curtametraxe tivo moi boa acollida.

Unha vez máis parabéns.  

Dairas na prensa

Premendo aquí podedes acceder á nota de prensa aparecida na Voz de Galicia do 29 de outubro de 2010,  na que se recolle o pase especial de "Dairas", a curtametraxe de animación premiada recentemente  polo Ministerio de Cultura, que tivo lugar no Teatro Principal da Estrada o día 30 de outubro. A nova vai acompañada dun artigo firmado pola directora do MGB, Gisèle Maïssa, que leva por título "Grazas, Dairas".

Rolda de prensa

Os membros do Taller de Creación Artística MGB darán o próximo xoves 28 ás 13.30 h. unha rolda de prensa aos medios de comunicación por recibir o Premio Crearte 2010 pola realización da curtametraxe "Dairas".

Felicitación do Conselleiro polo premio Crearte

O Conselleiro de Educación, Sr. Jesús Vázquez Abad, vén de enviar unha felicitación á Dna. Giséle Maïssa, directora do MGB, onde lle transmite "a súa noraboa persoal e da Consellería polo premio Crearte, que supón para o MGB a consideración de centro creativo de referencia nacional para o Ministerio de Cultura, sendo o primeiro instituto galego en acadar este recoñecemento". Podedes ler aquí a carta completa.
Distribuir contido