Gravación dun disco “JAZZ ONE NINE”

Alumnos/as do bacharelato artístico musical do IES García Barros están a gravar un disco como proxecto final de estudios. Será o primeiro traballo discográfico levado a cabo nun centro escolar galego baseado en estándares de jazz. Este traballo, dirixido polo seu profesor Miguel Carbajal, será presentado a finais do mes de maio no museo do Mome da Estrada. Colabora cos gastos de gravación a Concellería de Cultura do Concello da Estrada.

Se desexas máis información prema aquí, tamén en El Correo Gallego e en La voz de Galicia.