Contos populares da tradición oral en inglés e galego

Hoxe os alumnos de 1º de Bacharelato e 4º da ESO tiveron o pracer de coñecer a Charo Pita, narradora galega profesional e escritora e a Sophie Heydel, actriz londinense afincada en Barcelona con ampla experiencia narrando historias por centros educativos da península. Foron invitadas polo departamento de inglés, en colaboración coa ANPA, para que nos animaran as primeiras sesións da mañá con contos populares da tradición oral en inglés e galego.

contacontos3.jpg