Recollida de títulos oficiais de Bacharelato e ESO
Enviado por Secret. o 4 Maio, 2023 - 12:13
Xa están dispoñibles os títulos de Bacharelato ou ESO do alumnado que rematou os seus estudos no ano 2021. Todo alumnado que finalizou os estudos nese ano ou nos anteriores deberá pasar pola Secretaría do centro para recoller o seu título se aínda non o recolleu.
Se acabaches a ESO noutro Instituto deberás pasar a recoller o título nese centro.