Deportes, Novas Deportes, Deporte no MGB
Novos éxitos dos deportistas do MGB
Enviado por Anónimo o 28 Novembro, 2008 - 11:42O pasado fin de semana Luis Manuel García (2º ESO) acadou o segundo posto no Campionato Galego de Baile de salón.
Por outra parte, os xogadores de bádminton Pablo Sanmartín (1º ESO) e Jose Manuel Padín (2º ESO) serán premiados na Gala do Deporte Galego polas medallas acadadas no campeonato de España 2008 na categoría sub-13. Nesta gala a Consellería de Cultura e Deporte otorga os Premios Nacionais do Deporte Galego.
Parabens aos tres deportistas.
Participación d@s alumn@s do MGB no "Campo a través"
Enviado por Anónimo o 19 Novembro, 2008 - 16:59Este martes 18 de novembro celebrouse no CEIP do Foxo unha proba de "Campo a Través", dentro do programa anual de deporte escolar.
41 alumn@ de 1º e 2º do MGB participaron con notable éxito nesta competición. Pablo Sanmartín, Cristina González e Nerea Sanmatín acadaron a victoria nas probas das categorías infantil masculino, infantil feminino e cadete feminino. Cabe destacar tamén a actuación de Paula Otero e Oscar Durán que conseguiron un terceiro e un quinto posto na categoría infantil.
Queremos felicitalos a todos eles, e facer extensibles esta felicitación a tódolos participantes. Asemade, queremos dar a noraboa a organización da proba e agradecer o trato recibido o grupo de mestres do CEIP do Foxo. Parabens e grazas a tod@s.
Reunión informativa da excursión á neve
Enviado por webmaster o 19 Novembro, 2008 - 13:34Atletismo-Campo a través
Enviado por Vicedirec. o 12 Novembro, 2008 - 16:35O vindeiro martes 18 de novembro os alumnos de 1º e 2º ESO participarán na actividade de Atletismo-Campo a través organizada pola Conselleria de Cultura e Deporte. Sairán ás 9:35 horas e regresarán ao centro ás 14:00.
Óscar González gaña outra carreira
Enviado por webmaster o 19 Maio, 2008 - 09:58Un alumno do MGB vencedor nunha carreira ciclista
Enviado por webmaster o 7 Maio, 2008 - 12:34Novo éxito dun alumno do MGB: Baile deportivo e de competición
Enviado por webmaster o 1 Maio, 2008 - 20:40O alumno de 1º de ESO, Manuel García, foi subcampeón galego junior da I edición do Campeonato Galego de Baile Deportivo e de Competición, celebrado en Narón o pasado 20 de abril. Parabéns ao noso alumno e á súa parella de baile, a tamén estradense Alba Martínez. Pódese consultar a nova da prensa pinchando aquí.
O equipo infantil do SP.Estrada clasificado fase ascenso
Enviado por Anónimo o 27 Marzo, 2008 - 10:57O equipo infantil do SP. Estrada ven de clasificarse para xogar a fase de ascenso a Liga Galega Infantil. Alumnos do MGB de 1º e 2º de ESO participarán nesta competición na que lles desexamos toda a sorte para ese ascenso tan desexado. Ánimo para: Marcos Reguiero, Ignacio Vázquez, Alberto Barros, Manuel Figuieras, Alberto Montero, Pablo González (todos de 2º ESO) e Adrian Cora (1º ESO).
O alumno José Manuel Padín, subcampeón de España de Bádminton
Enviado por Anónimo o 27 Marzo, 2008 - 10:46O alumno de 1º de ESO José Manuel Padín finalizou segundo na modalidade de dobres sub-15 no campeonato de España de Bádminton celebrado en Oviedo o 15 e 16 de marzo. Desde o MGB felicitamolo e él a tódolos depostistas e adestradores do clube de A Estrada que participaron no campeonato.
Novos éxitos dos deportistas do MGB: Bádminton
Enviado por Anónimo o 27 Febreiro, 2008 - 10:47Os alumnos de 1º e 2º de ESO do noso centro: Ana Reino, Nerea Gestoso, Jesús Pereiro, José Manuel Padín, Diego Otero e Román Blanco acadaron moi bos resultados nos campeonatos galegos de bádminton celebrados o pasado fin de semana. Ana e Nerea acadaron o título de campeonas galegas na modalidade de dobres sub 13. J.M. Padín acadou o subcampeonato galego en individuais sub-13. Diego e Román foron subcampeóns en dobres sub 17. Noraboa aos seis e ánimo para as seguintes competicións.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5