Ciclos formativos
Escaparates en miniatura
Enviado por chus.pardo o Lun, 24/04/2023 - 16:28Os nosos estudantes do 2º curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais estiveron a traballar na creación de maquetas de escaparates.
Coa finalidade de darle un enfoque sostible ao proxecto e fomentar a conciencia ambiental e responsabilidade social, na elaboración das maquetas, utilizaron materiais reciclados que combinaron con técnicas de deseño innovadoras, demostrando a súa creatividade e habilidade para traballar con recursos limitados.
Rematadas as maquetas presentáronse nunha exposición dentro das instalacións do instituto. Estes “pequenos escaparates” representan, de xeito atractivo, productos e servizos de diversos sectores, e cada un deles amosa, ademáis, unha pequena historia única.
Noraboa ós alumnos e alumnas polo seu compromiso e dedicación neste proxecto e á profesora polo apoio e orientación durante o proceso de creación.
Visita ao centro loxístico de PULL&BEAR
Enviado por chus.pardo o Xov, 09/02/2023 - 10:56O pasado venres 3 de febreiro, o alumnado do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais visitou o centro loxístico da empresa téxtil Pull&Bear, pertencente ó grupo Inditex, situado no Polígono industrial Rio do Pozo de Narón.
Nun percorrido de cerca de catro horas, guiado de xeito moi ameno por Marta e Laura, tivemos a oportunidade de coñecer as particularidades e requirimentos loxísticos dunha actividade comercial permanentemente conectada coas máis de 900 tendas que a firma ten en todo o mundo.
Comezamos a visita na área de aprovisionamento, recepción e expedición de mercancías, nave completamente robotizada e dotada de alta tecnoloxía. Continuamos polas oficinas centrais, ubicadas nunha moderna e ecoeficiente edificación, que alberga as áreas de administración, deseño e patronaxe, marketing e comunicación. Tamén visitamos a tenda piloto onde se determinan as implatacións de produtos, departamento de e-commerce e plató de fotografía e gravación.
A actividade foi moi aproveitada polo alumnado que tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento dunha das maiores empresas galegas, con gran presenza internacional.
Visita ás instalacións loxísticas de "Pull and Bear", en Narón
O alumnado de Ciclo Formativo realizará unha visita formativa ás instalacións de Inditex, no Polígono de Narón, complementada cunha visita á exposición de fotogorafía "Mujer y Danza", en Pontedeume.
Bolsas da FUAC para titulados/as
O 8 de febreiro Laura Suárez Calvelo, da FUAc, visitará o centro para dar a coñecer ao alumnado que remata este curso as oportunidades de emprego que oferece a FUAC a través das dúas bolsas.
TALLER “FONTES DE FINANCIAMENTO DA EMPRESA”
Enviado por chus.pardo o Dom, 08/01/2023 - 12:26Carlota Sánchez-Montaña Puga, coordinadora adxunta da área de Educación Superior da obra social Abanca, impartiu o taller sobre fontes de financiamento na empresa dentro do programa de educación financeira de Afundación.
Compartiu co alumnado do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais as tres decisións clave para unha empresa: os recursos, en que se invisten e quen os xestionan, así como as alternativas de financiamento da empresa e os seus custos.
Mención especial foi a conta de resultados como xeradora de recursos financeiros e a obtención de beneficios como medio de supervivencia da empresa, non como un fin en si mesmo.
Agradecemos a oportunidade de acceder á información e ó saber facer da entidade.
Charla sobre financiamento bancario. Ciclo Formativo
O día 20 o alumnado de Ciclo formativo recibirá unha charla sobre xestión económica e financeira na empresa, a cargo de Carlota Sánchez Puga, coordinadorta adxunta da área de Educación Superior, de Abanca.
EROSKI: IMPLANTACIÓN DO PRODUTO NO PUNTO DE VENDA
Enviado por chus.pardo o Xov, 01/12/2022 - 09:12O 22 de novembro, por segundo ano consecutivo, Eroski Betanzos brindou ós alumnos e alumnas do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais a oportunidade de coñecer, de primeira man, o modelo de implantación do produtos nas diferentes seccións do hipermercado.
Ó longo da visita acompañounos o encargado do establecemento, quen analizou a metodoloxía de distribución dos productos nos lineais, as promocións temporais e a organización loxística.
Brindounos a oportunidade de comprobar a realidade das técnicas de xestión e implantación do surtido, a organización do almacén e de analizar o sistema de solución de problemas de abastecemento ou escesos de stock.
Agradecemos o tempo e a atención a Adolfo Silva, encargado de tenda e a Eva Capelete do derpartamento de Relacións Sociais e Prevención.
Visita ao supermercado Mercadona, en Betanzos
O alumnado de ciclo visita o hipermecado Mercadona para coñecer, nun caso real, a distribución de seccións e reparto de lineais do estabelecemento de venda, así como da organización do almacén, da man do responsábel do supermercado.
Visita á sección de hipermercado de Eroski
O alumnado de ciclo visita o hipermercado Eroski para coñecer un caso real dunha política de implantación de produtos dentro dos lineais, así como a planificación e preparación de campañas de promoción como o Black Friday.
EMPRENDER: UNHA VIAXE HEROICA
Enviado por chus.pardo o Xov, 27/10/2022 - 09:33
O 13 de outubro os alumnos do CS de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais asistiron a unha conferencia sobre o espíritu emprendedor impartida por Angel Noguerol da Cámara de Comercio de A Coruña.
Na charla abordáronse as cualidades que debe reunir a persoa que decide emprender un negocio pola súa conta e o camino que debe seguir para poñer en marcha o seu proxecto, así como as diversas axudas (económicas e/ou de consultoría) que ofrecen as Institucións, con especial referencia ó programa España Emprende da Cámara de Comercio.
Nunha segunda parte relatáronse diversas experiencias emprendedodras de éxito que poden servir de referencia a futuros candidatos, como Angel Cycle Works.
Interesantísima xornada apra achegar o reto do empredemento á xente nova.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »