Animación á lectura

II Concurso de "tweets" de Nadal

II CONCURSO DE "TWEETS" DO NADAL

Con motivo das festas de Nadal, o IES Francisco Aguiar convoca un concurso de tweets . Os "tweets" son mensaxes, lemas como os que se realizan a través da rede social twitter e a súa extensión máxima é de 140 caracteres.

 

BASES DE PARTICIPACIÓN:

1.Poderán participar todos os alumn@s que así o desexen. Cada un poderá envíar un máximo de tres tweets ó correo da Biblioteca bibliofranciscoaguiar@gmail.com

2. Os "tweets" que participen no concurso terán como tema “O Nadal”

3. As persoas que presenten os seus "tweets" ao concurso serán responsables da orixinalidade e autoría dos mesmos.

4. A presentación dos "tweets" poderá realizarse desde o día da publicación destas bases na páxina web do IES Francisco Aguiar o día 3 de decembro de 2013 , ata o 16 de decembro de de 2013 ás 15:00 h.

5. Haberá un Xurado integrado por cinco persoas, tres profesores e dous alumnos, que será o encargado de avaliar os "tweets" presentados.

6. Os criterios de valoración para elixir á persoa gañadora serán: o contido e tratamento do tema, a orixinalidade e a capacidade de impacto da mensaxe.

7. O xurado emitirá o fallo antes do día 19 de decembro, que se fará público na páxina web do IES Francisco Aguiar en "twitter" e no blogue da Biblioteca, e no que designará o mellor "tweet" e os finalistas.

8. O premio entregarase no Salón de Actos principal durante o segundo recreo do día 19 de decembro. Consistirá nun vale de 20 euros para a compra dun libro, cómic,

Tempo de ler. ¡ Imos coa segunda volta!

 

 

7ª SEMANA [1ª SESIÓN]

***
Comezou a primeira volta de Hora de ler o 22 de outubro. Agora arrincamos este segundo tramo con dúas suxestións de lectura: un relato de Marica Docampo e unha lección moral de Vicente Gallego.

http://biblioaguiar.blogspot.com.es/2013/11/hora-de-lectura_29.html

Tempo de Ler o 25 de novembro. A proba do embigo.

6ª SEMANA [6ª SESIÓN] ***

Unha muller grande. Tan grande como esta escultura de Belén González.

Unha muller que non debería ter que loitar a cobadazos polo espazo que lle rouba o sexismo dunha sociedade machista, que tanto lle pide a subordinación ao home cando a converte en boneca (en maniquí vivinte, ben disfrazada de símbolo sexual), como cando simplemente a esmaga no xogo ben noxento e aburrido da sumisión.

O noso embigo vén ser a proba: somos todos fillos de nai.

Ler (a estas mulleres e a estes homes) para non esquecer a débeda:

(tomado do blogue da nosa biblioteca, "Alto Risco")

Hora de Ler. 5ª semana

5ª SEMANA [5ª SESIÓN]

***
Hoxe comenzamos a quinta semana. Non é que estemos cansos... Só se trata de estar cómodos e deixarse levar: sentir como os pés, que están pousados no ferro da cadeira do compañeiro de diante, empezan a flotar. As ás as atopamos, ben nun feixe de minirrelatos escritos por An Alfaya, Rosa Aneiros e outros autores galegos; ou no edificante fragmento dunha novela de Francisco Casavella.

http:// biblioaguiar.blogspot.com.es/ 2013/11/hora-de-lectura_17.html

Chegou ata os nosos oídos......."Historias de Icía e Avoa", prologado por I. Rodríguez Arias

"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta da  páxina do IES Francisco Aguiar. Con ela queremos facernos eco da vida que hai máis aló do propio centro. Concretamente aquela que se relaciona con xente que pasou por aquí (como alumnos/as ou profesores/as) ou con persoas que aínda forman parte da nosa comunidade escolar e que nos amosan outras caras fora do centro. 

Dende  a  Asociación Cultural "Eira Vella" chegou aos nosos oídos... a invitación para participar na presentación das "Historias de Icía e Avoa (condensadas)"de Sabela Arias Castro o vindeiro venres 15 ás 20 horas na sala Azul do edificio Arquivo. Neste libro participa de xeito moi importante, como prologuista e...moito máis como veredes, a alumna de 2º de  BAC Icía Rodríguez. 

 

 

Chegou aos nosos oídos.... Miguel Anxo Prado. Premio Nacional de Cómic

Hoxe chegou aos nosos oídos.... a través do blogue dos compañeiros e compañeiras da Biblioteca este máis que merecido recoñecemento

MIGUELANXO PRADO, Ardalén, El Patito Editorial, Santiago, 2012, 256 páxinas.

[COM PRA ard]
**********
Temos a sorte de poder presumir de ter moi perto de nós a Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic. Poderíamos destacar que é un home próximo que non ten problema en atopar un oco na súa complexa axenda para compartir cos docentes a súa sabedoría de narrador visual. Hoxe, o máis indicado é celebrar simplemente ao xenial artista.

Chegou ata os nosos oídos.... Olga Patiño. "Silencio habitado"

"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta da nosa páxina do IES Francisco Aguiar. Con ela queremos facernos eco da vida que hai máis aló do propio centro. Concretamente aquela que se relaciona con xente que pasou por aquí (como alumnos/as ou profesores/as) ou con persoas que aínda forman parte da nosa comunidade escolar e que nos amosan outras caras fora do centro.

 

A que foi profesora do noso Instituto, Olga Patiño, presentou o pasado luns na casa de Galicia en Madrid o seu poemario “Silencio Habitado” publicado por Pigmalión Edypro.

Participaron no acto, ademáis da autora, Miguel Losada, crítico literario e escritor; Antonino Nieto, poeta, escritor e artista; Milagros Frías, escritora e periodista; e Basilio Rodríguez Cañada, presidente do Grupo editorial Sial-Pigmalión. Amenizou o acto Orlis Pineda.

OLGA PATIÑO NOGUEIRA é, ademáis de poeta, actriz, directora de teatro y profesora. A súa obra poética abarca "Latexos fragmentados" (2002), "Atmosferas" (2007), "Tempo en desuso" (2008) e "Natureza haiku-Libro de artista" (2010). Ademáis da publicación do poemario "Silencio habitado", tamén está traballando no conto "Noalba: a terra do sol-aluado" i en ""Microrrelatos (relatos bonsái).



Agradecemos calquera noticia que nos poidades comunicar doutros eventos relativos á grande comunidade do IES Francisco Aguiar. Estaremos encantados de dala a coñecer a través desta páxina.

 

.................................%%%%%%%%%%%%%.......................................



Hora de Ler. Cuarta semana

4ª SEMANA [4ª SESIÓN]

***

Ben certo é que nas nosas aulas non temos un ambiente tan íntimo como o que disfruta a muller do cadro de Matisse. Aínda así, seguemos a ler os libros que levamos a clase ou ben estas propostas: unha escolma da excelente poesía do admirado Manuel Álvarez Torneiro ou ben os prosaísmos da relación amorosa entre un tontorolo machista e unha ben lista Matilde.

 

 


 

...máis de cen ás para voar

¿Que? ¿Non me diredes que non estades sentindo estes días no Instituto un "pof", "pof" como o das potas cando están a ferver?  Algo gordo se está a cocer dende as cociñas do novo equipo de biblioteca.  Pronto,  no Instituto comenzará unha experiencia nova: un  clube de lectura, para o que xa se anotaron unha boa tanda de rapaces e rapazas. Reunirse nun ambente agradable para falar de libros, para falar do mundo, para falar de nós.

  A ferramenta para visibilizar as sesións será un blogue: ...máis de cen ás para voar.Dende hoxe temos a autorización do ilustrador David Vela e, polo tanto, comenzamos a subir ao ceo.  ¡ iuuuuuuuuuuuuujjuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu..  ! http://100asparavoar.blogspot.com.es/

Boa viaxe.

 

 

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx&&xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

Chegou aos nosos oídos... Raquel Vázquez. Premio Gloria Fuertes

"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta da nosa páxina do IES Francisco Aguiar. Con ela queremos facernos eco da vida que hai máis aló do propio centro. Concretamente aquela que se relaciona con xente que pasou por aquí (como alumnos/as ou profesores/as) ou con persoas que aínda forman parte da nosa comunidade escolar e que nos amosan outras caras fora do centro.

Raquel Vázquez, ex_alumna do noso IES e aínda colaboradora da biblioteca  recibíu o premio Gloria Fuertes e foi protagonista dunha entrevista no Ideal Gallego

 

Tiene 23 años y algo dentro que le hace coger un papel y escribir en verso. Raquel Vázquez ganaba este año el premio de poesía joven “Gloria Fuertes” por “Luna Turbia”, donde ordena los poemas por las fases del satélite. Esa es la razón de que cuando la luna engorda y se hace bola salgan a la luz los poemas más intensos, composiciones que se quitan las complicaciones en el momento en que ella mengua.(

Para la lucense, que vive en Betanzos, haber conseguido esta distinción no es más que una señal para seguir escribiendo: “Fue una alegría porque aunque me he llevado varios premios, este es muy especial”. En una carrera que comenzaba con tan solo trece años a golpe de relatos y proseguía en el momento en que alcanzaba la mayoría de edad para darle forma a un poemario que, es, en realidad, el género que más le llena( noticia completa).

 

 

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx&&&&xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

Distribuir contido