Animación á lectura
O blog de 1º da ESO: Larpeirando palabras
O alumnado de 1º da ESO iniciamos unha grata experiencia blogueira co noso blogue cooperativo: LARPEIRANDO PALABRAS.
Non deixedes de visitarrnos
Safari Fotopoético 2012. Valentín Paz Andrade
SAFARI FOTOPOÉTICO (non garantimos a presenza de elefantes):
Valentín Paz Andrade. LETRAS GALEGAS 2012
A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca á súa comunidade escolar a un safari fotopoético sumándose á homenaxe das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade
Rexirase polas seguintes bases:
1.
Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas
2.
As datas nas que se realizará o SAFARI fotopoético estarán comprendidas entre o 17 e o 27 de maio do presente ano 2012
3.
O día 28 de maio será a data límite para a entrega das fotopoesías.
4.
As fotografías deberán ser orixinais e tomadas en Betanzos ou na súa bisbarra
5.
As imaxes deben ilustrar algún verso do homenaxeado na edición deste ano das Letras Galegas, Valentín Paz Andrade ( a tal fin adxuntarase a estas bases unha pequena escolma poética do dito autor)
6.
O texto do verso elixido debe aparecer integrado na propia imaxe.
7.
As imaxes a concurso entregaranse en formato dixital (lapiz dixital ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar xunto a un sobre con pseudónimo. No interior do dito sobre figurarán os datos personais (nome, curso, teléfono) do autor ou autora.
8.
Non é obligatoria a inscripción, mais a organización recomenda facerse seguidor da página da Biblioteca Francisco Aguiar en Facebook para gañar tempo e ter unha estimación de participantes.
Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados
Premios:
O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora
Os premios entregaranse segúndo os siguientes criterios:
40% pola adaptación do texto de Paz Andrade á imaxe elixida
50% pola calidade e orixinalidade da imaxe
10% polo inxenio e creatividade na inserción do texto de Valentín Paz Andrade
I Concurso de monólogos cómicos
Recollida de textos ata o 5 de Maio de 2012
Bases:
- Poderán participar todas as alumnas e alumnos do centro.
- O concurso terá lugar no salón de actos. Alí, perante o numeroso e, avisamos, extremada, excesiva, esaxerada, descomedidamente esixente público do instituto, deberán ser ditos os monóiogos.
- A temática é libre.
- Para poder participar é preciso ter entregado na biblioteca o texto do monólogo antes do 5 de maio.
- A duración do monólogo estará comprendida entre os dous e os seis minutos.???????
Premios:
Ademais do premio ao gañador absoluto, entregaranse premios ao mellor texto e á mellor interpretación. É posible por tanto tamén participar só como autor do texto ou como intérprete do texto doutro. En relación con isto, o xurado, que estará formado por reputados bromistas, valorará os seguintes aspectos:
- Graza e desenvoltura da interpretaclón.
- Comicidade e orixinalidade do texto.
- Calidade do xamón entregado ao competente xurado.
ÁNIMO VALENTES, ¿QUÉN DIXO MEDO?
Imaxe licenza CC BY-NC-SA Atribución por w3i_yu
Tempo de ler "again"
Esta semana serán presentados ao claustro os resultados da experiencia de "Tempo de ler" no anterior trimestre, para a súa aprobación emenda ou cancelación.
Mentres...esta semana seguiremos coa experiencia na segunda hora
Valoración da experiencia Tempo de Ler
Presentamos no arquivo adxunto o informe sobre a enquisa ao profesorado no relativo á actividade Tempo de ler
Concurso de relato de Nadal
BASES:
1.- Poderán participar todolos alumnos/as do I.E.S.Francisco Aguiar, en tres categorías:
a) 1º ciclo da E.S.O.
b) 3º e 4º da E.S.O.
c) 1º e 2º de Bacharelato
2.- O relato poderá estar escrito en galego , castelán, inglés ou francés.
3.- O motivo será : “O Nadal”
4.-O prazo de entrega será ata o día 12 de decembro. Os relatos irán asinados cun seudónimo . Introduciranse dentro dun sobre no que figurará o seudónimo e incluiranse nunha ficha os datos do autor/a. Depositaranse nas conserxerías do Centro.
5.-O xurado estará formado por profesores do grupo de traballo da Biblioteca
6.-O resultado farase público no taboleiro e na Biblioteca do Instituto.
7.-PREMIO
¡SORPRESA!
Tempo de le(ce)r (IV)
Do 28 de Novembro ao 2 de Decembro de 2011
E unha semana máis, e xa van catro, continuamos a experiencia de "tempo de lectura" no nivel de ESO.
Esta semana do 28 de novembro ao 2 de decembro, o tempo de lectura terá lugar nos quince primeiros minutos da cuarta hora.
Biblioteca Virtual Galega
Enlace á web da Biblioteca Virtual Galega onde podedes atopar, entre outras cousas, obras de autores galegos dispoñíbeis para ler.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- seguinte ›
- última »
