Animación á lectura

Tempo de Lectura ... 28ª semana...

28ª SEMANA [6ª SESIÓN]
Non é imprescindible facer esta escaleira de libros lectores para achegarse aos textos das autoras galegas propostas para esta semana: Luisa Castro e Berta Dávila.

Visita da escritora Andrea Maceiras. Andrea e as Nubes ( 1ª parte)

ANDREA E AS NUBES 

Mar está nerviosa. Talvez sexa a primeira vez que recibe un encargo así: presentar unha escritora profesional ante os seus compañeiros de estudos. Ten medo de tatexar, de esquecerse do texto, de falar demasiado á présa... Xa lle presentaron a Andrea e parece riquiña. Aceptou o reto e agora debe cumprir, así que... comeza a falar e as palabras van saíndo. Uns minutos para dar conta lixeira da traxectoria desta autora nova que xa conta con importantes premios e catro libros publicados. Mar remata, pide aplausos e respira ali viada. Senta ao carón do ordenador e obedece, solícita, as instrucións de Andrea para axudarlle coa presentación visual (que ben guiada é esta rapaza!).

 

 

Despr azándose levemente sobre o escenario, Andrea Ma ceiras vai debullando con voz suave a xénese da novela Nubes de evolución ante un auditorio adolesce nte que se sorprende da súa mocidade madura. Ás súas costas, a pantalla amosa o escenario cotián que a inspirou: a estación de autobuses da Coruña. A escolla do branco e negro das imaxes simboliza a frialdade física e metafórica que sentiu durante as horas eternas que debeu agardar alí cando era estudante.

A observación atenta das persoas anónimas coas que compartía un espazo tan áspero e húmido fo ille inspirando os personaxes do relato encargado pola irmá: un texto afastado da narrativa fantástica da súa obra anterior, Violeta tamurana.

Unha muller nova encargada da limpeza, un home con fasquía de profesor de instituto e un mozo con bolsa de deportes... e a colaxe comeza a cobrar forma na súa cabeza. 

Tamén imaxina alegrar con arte as paredes grises da estación: As Meniñas... demasiado clásico; a Pomba de Picasso só convoca a admiración das súas conxéneres; algunha obra de Banksy... (Banksy gústalle pola fusión de estética e denuncia); mais non, mellor un humilde graffiti cos versos dunha canción dos Rolling Stones. 

Agora hai que darlle moitas voltas á trama, imaxinar situacións, anécdotas, engadir personaxes secundarios, algún fío que entrelace as vidas dos protagonistas e lle dea sentido ao conxunto... porque a narradora revélanos que ata ter totalmente estruturada a novela na cabeza non comeza a escribir. Que logo as cousas non saen como unha planea, pero ela necesita sentir que todo ten sentido antes de iniciar a parte física do oficio.

E así, entre imaxes e voz, os minutos van pasando e o relatorio chega ao seu remate. É o momento do coloquio e a mocidade de 4º do Francisco Aguiar non se anima malia a insistencia e o alento de Andrea, que vai lanzando preguntas ao alumnado sobre os seus gustos literarios, as súas afeccións... Por fin, Alberto rompe o xeo e interroga a escritora sobre a veracidade da súa exposición. Ela responde e aclara a dúbida. Aos poucos, os máis atrevidos propóñenlle cuestións que a autora responde con entusiasmo e detalle.

Soa o timbre e o público xuvenil volve á rutina. Na sala quedan algunhas admiradoras que se achegan tímidas á autora solicitándolle a súa sinatura nos libros. E Andrea pregúntalles o nome para llelos dedicar, debuxando en cadanseu volume unha nube naíf cos bordos redondiños. Unha nube xeitosa de faciana amable, coma ela. No texto que deseña para Mar pode lerse: “Para Mar, mil ceos despexados”.

Pichel

 

...Continuará


Tempo de Lectura 27ª semana.

27ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Esta semana na que se festexa, na figura de Xosé María Díaz Castro, a palabra dita e lida en galego, recollemos todos os textos propostos durante o que vai de curso: os minirrelatos de An Alfaya, Rosa Aneiros e outros, as narracións de María Reimóndez, Marica Campo, Rafael Dieste, Berta Dávila, Esopo, Carlos Casares, Xosé A. Neira Cruz, Olga Patiño, Xosé Luis Méndez Ferrín, Manuel Rivas, F. X. Fernández Naval, Kestutis Kasparavicius ou mesmo Washington Irving; e os poemas de Manuel Álvarez Torneiro, Marica Campo, O Leo, Carlos Negro, Celso Emilio Ferreiro, Berta Dávila ou uns poemas goliardescos recollidos na colección Carmina Burana

Para amosar que con nós non vai a pregiza, engadimos á listaxe uns poemas de Olga Patiño.

Hora de Lectura 26ª semana (4ª sesión)

26ª SEMANA [4ª SESIÓN] 
Neste mes de maio terá que vir, por fin, a calor e o sol que acostuma a traer con ela a Primavera. Magoa que nas clases non sexa adecuado elexir posturas tan ergonómicas.
A moza do cadro de Sorolla, a que non durme, difícilmente estará a ler a Benjamín Prado, pero tal vez si estes versos fermosos que exaltan a estación da que nos corresponde disfrutar xa.

Reunión do Club de Lectura de Adultos do IES Francisco Aguiar

O 30 de abril, a partir das sete da tarde e tras un mes de xexún, retornamos a Biblos Clube de Lectores para falar de "A Cea" [Clube de lectura de adultos IES Francisco Aguiar]. 

¡ Non veñades merendados !
http://100asparavoar.blogspot.com.es/2014/03/acta-da-primeira-reunion-do-clube-de.html

Chegou aos nosos oídos... 42 Premios Minerva, Icía Rodríguez Arias

 

Chegou aos nosos oídos... , e brincou de led-icía o literario corazón do Aguiar, ao coñecer que este xoves 24 de abril reuniuse o xurado da XLII edición dos Premios Literarios Minerva, presidido por D. Manuel Quintáns Suárez e D. Luís Alonso Girgado nas modalidades de narración e poesía respectivamente.

O Xurado acordou outorgar un  accésit a Icía Rodríguez Arias, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Francisco Aguiar de Betanzos, polo seu traballo “Xadrez”.

¡NORABOA!


 


Tempo de lectura. 25ª semana. 3ª sesión

25ª SEMANA [3ª SESIÓN]

O venres 25 de abril foron otorgados os Premios da Crítica 2013

O premio de poesía en castelán foi para Nueva York después de muerto, de Antonio Hernández. O de narrativa, para Rafael Chirbes, por En la orilla da que propoñemos ler este fragmento do comenzo.

Anxos Sumai gañou o de Narrativa galega por A lúa da colleita. A nosa querida Berta Dávila, o de poesía por Raíz da fenda

Aí queda lendo para nós unha páxina de A arte do fracaso

Fracaso...?

23 de Abril día do Libro

O 23 de abril alumnos e alumnas de todos os cursos  presentaron os seus traballos literarios en forma de minilibros, algúns deles dunha calidade literaria e artística impresionante. O labor dos departamentos de Educación Plástica, Tecnoloxía, Lingua Galega e Lingua Castelá tivo un resultado excele nte.

 


Pero os anda res do instituto tamén se cubriron de imaxes con "ollos de libro".

 


 

23 abril Dia do Libro... porque vivir sen ler é perigoso

Hice un agujero en la arena para enterrar los dos libros; el problema es que ahora tenía que encontrar algo que leer. Vivir sin leer es peligroso, obliga a conformarse con la vida [...].

Michel Houellebecq, Plataforma, Anagrama, Barcelona, 2002.

http://nieblaeterna.blogspot.com.es/2014/04/vivir-sin-leer-michel-houellebecq.html

Encontro co escritor Pedro Sánchez Negreira

PEDRO SÁNCHEZ NEGREIRA, Verde como el Hielo,   Zaera Silvar, A Coruña, 2013
Ilustracións de Dictinio de Castillo Elejabeytia

 

O Departamento de Lingua e Literatura Castelá organiza unha actividade que terá lugar  no Salón de Actos do Instituto durante a primeira hora da tarde do martes 22 de abril Nela participará o alumnado de 3º A, B, e C ,  que está a realizar un traballo centrado nos microrrelatos (o cuarto xénero narrativo para Irene Andres-Suárez)  Con este motivo participarán  nun encontro co escritor Pedro Sánchez Negreira autor de  “Verde como el Hielo” .

 

"Moitos lectores e escritores de prestixio considérano [o xénero do microrrelato] un caixón de sastre para escritores incompetentes. Gosto das formas literarias hiperbreves. Certo é que hai moitas publicacións carentes de interés, de igual xeito que hai moitas novelas de moitas páxinas que non resisten unha lectura crítica. A calidade dos textos de Sánchez Negreira fai innecesaria a súa defensa. ¿Ídesme dicir vós tamén que o tamaño importa?"    Francisco Rodríguez   (Alto Risco)

 

Distribuir contido