Animación á lectura

I Concurso de Microrrelatos de Nadal

 

I CONCURSO DE MICRORRELATOS DO NADAL

 

Con motivo das festas de Nadal, o IES Francisco Aguiar convoca un concurso de microrrelatos .

 

BASES DE PARTICIPACIÓN

1. Poderán participar todos os alumn@s que así o desexen. Cada un poderá envíar un máximo de tres microrrelatos ó correo da Biblioteca bibliofranciscoaguiar@gmail.com

 2. Os microrrelatos que participen no concurso terán como tema “O Nadal”.A identificación persoal da autoría do microrrelato realizarase unha vez emitida a resolución do xurado.

3. As persoas que presenten os seus microrrelatos ao concurso serán responsables da orixinalidade e autoría dos mesmos. O IES Francisco Aguiar resérvase o dereito de publicar e difundir os traballos presentados, fosen premiados, ou non.

 4. A presentación dos microrrelatos poderá realizarse desde o día da publicación destas bases na páxina web do IES Francisco Aguiar o día 2 de decembro de 2014 , ata o 16 de decembro de 2014 ás 15:00 h.

5. Haberá un Xurado integrado por cinco persoas, tres profesores e dous alumnos, que será o encargado de avaliar os microrrelatos presentados.

 6. Os criterios de valoración para elixir á persoa gañadora serán: o contido e tratamento do tema, a orixinalidade e a capacidade de impacto da mensaxe.

 7. O xurado emitirá o fallo o día 19 de decembro, que se fará público na páxina web do IES Francisco Aguiar en facebook e no blogue da Biblioteca, e no que designará o mellor microrrelato e os finalistas.

8. O premio entregarase no Salón de Actos principal durante o segundo recreo do día 19 de decembro. Consistirá nun vale de 20 euros para a compra dun libro, cómic, disco ou DVD

 9. A presentación dun microrrelato á presente convocatoria supón a aceptación plena das presentes bases. Calquera circunstancia non contemplada nas mesmas, será resolta polo xurado con carácter inapelable.

 

Hora de Ler. Semana do 1 ao 5 de decembro. 3ª sesión.

9ª SEMANA [3ª SESIÓN]

 

Está claro que na boa biblioteca persoal de Marilyn Monroe non poderían estar os libros que inclúen os relatos que deixamos hoxe como suxestións de lectura: un conto de Cid Cabido publicado no 2002 e un relato de escritor arxentino Guillermo Martínez, incluido en Una felicidad repulsiva, libro que ven de obter o I Premio de Cuento García Márquez
De querer facer comparacións entre os lectores do Aguiar e Marilyn, hai unha diferencia moi evidente: a nós no noso Instituto ninguén nos verá ler cos pes espidos...  

28 de novembro. Encontro do alumnado de 2º da ESO co escritor Xesús Fraga

 

Xesús Fraga no IES Francisco Aguiar on PhotoPeach

Hoxe tivemos a grande sorte de volver a contar no nosos Instituto cun antigo e ilustre alumno, o escritor Xesús Fraga

E dicimos escritor cunha chea de sentido porque non só viña falarnos da última novela por el escrita, "Reo", senón a contarnos as súas andainas como escritor de graffiti. Non en van Xesús Fraga, Yito, foi un dos pioneiros desta arte urbana na segunda metade dos oitenta do século pasado en Betanzos. Contar con él e escoitarlle contar a súas historias é unha sorte.

Hora de Ler. Semana do 24 ao 27 de novembro. 2ª sesión

8ª SEMANA [2ª SESIÓN]

   Hoxe eliximos o tamaño extragrande para a fotografía dunha rapaza de dazasete anos que ven sendo desde o 2012 unha muller grande. Que a Fundación sueca lle concedera o Premio Nobel da Paz a Malala Yousafzai (xunto a Kailash Satyarthi) é un síntoma inequívoco de que a comunidade internacional premia a súa valentía pola denuncia da situación de moitas nenas (e nenos) en moitísimos lugares do mundo. Seguen vixentes as palabras que empregábamos o curso pasado: "Unha muller non debería ter que loitar a cobadazos polo espazo que lle rouba o sexismo dunha sociedade machista, que tanto lle pide a subordinación ao home cando a converte en boneca (en maniquí vivinte, ben disfrazada de símbolo sexual), como cando simplemente a esmaga no xogo ben noxento e aburrido da sumisión".   

   O noso embigo vén ser a proba. Todos somos fillos de nai: as víctimas e tamén os verdugos.

   Convén ler (a estas mulleres e a estes homes) para non esquecer esa débeda:

 

E se queredes ler máis, neste enlace ao noso blog da biblioteca podedes atopar traballos dos nosos alumnos e alumnas referidos a este tema.

 

ACTA DA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA ADULTOS AGUIAR

O luns 17 de novembro, ás 19:00 tivo lugar a segunda reunión do Club de Lectura Adultos Aguiar para dar conta do pracer obtido tras a lectura de El olvido que seremos.

Tendo en conta que o ano pasado as lecturas foron de novelas, era a primeira vez que falabamos dunha obra non ficcional. Esta "carta a una sombra", como di o autor, presenta un carácter híbrido: ás memorias do neno que idolatra ao seu pai, sucédelle a crónica relativamente haxiográfica do martirio de Héctor Abad Gómez, un home bo, un admirable exemplo de humanismo e sabedoría.

 

Foi fácil emocionarse coa traxedia padecida por esta familia, e tamén asequible que nos preguntáramos polo proxecto educativo dunha familia acomodada dun pais caribeño nun tempo relativamente próximo, pero tamén alonxado do noso sistema de valores actuais.
Compartimos impresións sobre o papel da muller antes (e agora), sobre o altruismo egoísta de Héctor Abad Gómez, sobre a dificultade de compartir, dende as nosas realidades familiares, certas propostas: "Si quieres que tu hijo sea bueno, hazlo feliz...[p. 24]; "Soy muy buen padre, pero muy mala madre" [p. 196].
Tamén falou Loli da curiosidade que sentía por coñecer a autoría real do poema (atribuido a Jorge Luis Borges) que dá título á obra, tema central do libro de Héctor Abab Faciolince, aparecido no 2010 Traiciones de la memoria.

Chegando ás 20:30, e sendo luns, tocou ir recollendo, tras repartir o noso novo proxecto en común: a lectura de Las inviernas, que nos reunirá o venres 12 de decembro, desta volta, arredor da autora, Cristina Sánchez Andrade.


Damos a benvida as dúas novas persoas que se sumaron á nosa aventura, e reiteramos a invitación a todos os que poidades dispoñer, xenerosamente, dun tempiño para compartir con nós, entre nós.
 
 Segue todo o relativo á nosa biblioteca e clubs de lectura en Alto Risco. Blogue da Biblioteca "Sebastián Buedo Jiménez" do IES Francisco Aguiar

17. XI.2014. Club de Lectura de adultos: "El olvido que seremos" de Héctor Abad Faciolince

Mañá , luns 17 de novembro, desde as 19:00 terá lugar na Libraría Biblos Club de Lectores (Rúa Santiago, 4, Betanzos) a segunda reunión do Clube de Adultos Aguiar.

Esta vez, cos deberes feitos, a nosa conversa comezará falando sobre "El olvido que seremos", obra de no-ficción de Héctor Abad Faciolince. 

Despois...

 

Recordamos que o noso é un clube aberto e, como se pode apreciar nas fotos, ten o futuro asegurado, pois é ben notable o interese que desperta entre os novos lectores.

Hora de Ler. 7ª semana [1ª sesión]

7ª SEMANA [1ª SESIÓN]
 
   Dado que na semana pasada comezaron os tres clubes de 2º de Bacharelato, e, polo tanto, houbo arredor de 75 persoas falando de ou sobre poesía, temos a obriga de extender ese virus aos demáis compoñentes da comunidade educativa. 
  
Eleximos para perder o medo á poesía estas antoloxías de Marica Campo e Raúl Vacas.
  
Que a ninguén lle asuste o voo das boboretas!

11 de novembro. Comezan a súa andaina os clubs de lectura de 2º BAC

Hoxe, 11 de novembro,  comezaron as reunións do Clube de Lectura de 2º de Bacharelato. As propostas que adxuntamos aquí responden ao desexo de elaborar un pequeno catálogo de obras de interese que non excedan os tempos dos que imos dispoñer. Por iso, todas as obras permiten a lectura presencial na aula.

   Eleximos a poesía porque pode ser un xénero de lectura moi pracenteira. Tamén está na nosa intención desmontar os tópicos que a presentan como a linguaxe máis críptica da literatura. A nosa pretensión é demostrar que hai moitas poesías baixo o paraugas da Poesía.
   E nestes tempos de chuvias, que hai máis protector que un paraugas... 

 

  1. Vídeo poesía. [Elaboración propias]
  2. Poesía pintada. [Batania / Neorrabioso]
  3. Poesía visual. [ Chema Madoz / Joan Brossa ]
  4. Poesía escrita. [Wislawa Szymborska / Billy Collins / Oliverio Girondo / Roger Wolfe / Isla Correyero / Fernando Pessoa...]
  5. Poesía cantada. [Lou Reed / Nick Cave / Tom Waits / Enrique Urquijo / Nacho Vegas, Bob Dylan...]
  6. MIcroformas 01: [ haikus 01 / haikus 02 ... ]
  7. MIcroformas 02: [ greguerías 01 / greguerías 02...]
  8. MIcroformas 03: [ aforismos 01 / aforismos 02...]
  9. Microformas 04: [Seísmos: Javier Puche]
  10. Microformas 05: [ microrrelatos 01 / microrrelatos 02...] 

 

**********

   Todo o que nós sexamos capaces de dicir nas reunións, pode chegar aos demáis a través dos comentarios no blogue "...máis de cen ás para voar" ou no Facebook da Biblioteca.

Hora de lectura. Semana do 10 ao 14 de novembro. [6ª sesión] Para que ir máis lonxe?

6ª SEMANA [6ª SESIÓN] 
 
   Nestas cinco primeiras semanas as nosas propostas de lectura viñan firmadas por grandes autores ben coñecidos: Xosé MIranda, Rafael Dieste, Sandra Cisneros, Méndez Ferrín, Jonas Jonasson, Etgar Keret, Fran Alonso...

   Hoxe temos a fonda satisfacción de suxerir a lectura das creacións de rapaces y rapazas cos que podemos tropezar polos corredores do noso IES: os alumnos de 2º da ESO Alberto Gómez Perales, Julia Nieto Mantiñán e Violeta Sánchez Silva que veñen de gañar os primerios premios do Concurso Literario Palacete cuns relatos dunha sorprendente calidade que fai supoñer que poden pronto pasar de autores coñecidos a grandes autores.
      

 

Distribuir contido