Animación á lectura

Hora de Ler. Semana do 4 ao 7 de novembro. 5ª sesión

5ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Algúns aínda terán restos da maquillaxe, pero todos volven na aula ás boas rutinas: ler nos quince primeiros minutos da quinta hora o libro elexido. Ben esta particular crónica futbolística de Xosé Miranda, ou ben esta outra crónica periodística (na que tamén se fala do Real Madrid e o Barça) de Plàcid García-Planas

Retomamos o Club de Lectura de Adultos


O mércores 29 de outubro ás 19:00 horas. retomamos o Club de Lectura de Adultos cunha reunión inicial.

Como o ano pasado acóllenos amablemente a Libreria Biblos (Rúa Santiago, 4. Betanzos)

Estades todos,  nais e pais, invitados a sumarvos a esta enriquecedora experiencia.

Clubs de Lectura no Aguiar. 2014-2015

 

Ilustración : Quint Buchholz
QUINT BUCHHOLTZ, En el país de los libros, Nórdica, Madrid, 2014.

 

Non é certo que os libros non deixen ver.

Ler, di Fernando Pessoa, é soñar da man doutro.

 É por iso que comezamos esta semana a entrega dos libros para preparar a próxima reunión dos Clubs de Lectura. Felices, podemos dicir que este ano somos moitos máis: 256 participantes.

 Ese pode ser o camiño para converternos en mellores lectores.

 

 

CLUBS DE LECTURA 2014 / 2015

1º DA ESO (ÁLBUM ILUSTRADO). [19 alumnos / 2 grupos]

2º DA ESO. [60 / 5 grupos]

SHAUN TAM, La cosa perdida, Bárbara Fiore.
GREGIE DE MAEYER & KOEN VANMECHELEN,
Juul, Lóguez.
BERTA DÁVILA & INMA DOVAL,
A fuxida, Biblos.

PAULA CARBALLEIRA & SONJA DANOWSKI, O principio, Kalandraka.

JOSÉ MARÍA PLAZA, Me gustan y asustan tus ojos de gata, Planeta.
MARCOS CALVEIRO,
Todos somos, Xerais.
J. SANTAMARÍA & P. ALONSO,
Antoloxía do relato policial, Vicens Vives.
JACK LONDON,
A chamada da selva, Xerais.
ROBERTO SANTIAGO & JESÚS OLMO,
Prohibido tener catorce años, Edebé.

3º DA ESO. [45 alumnos / 4 grupos]

4º DA ESO. [19 alumnos / 2 grupos]

JOHN GREEN, Bajo la misma estrella, Nube de tinta.
ALFREDO GÓMEZ CERDÁ,
El rostro de la sombra, SM.
ANDREA MECEIRAS,
Nubes de evolución, Xerais.
MARK HADDON,
O curioso incidente do can á media noite, Rinoceronte.

ART SPIEGELMAN, Maus, Reservoir Books. ARTURO PÉREZ REVERTE, La sombra del águila, Punto de Lectura.

ROSA ANEIROS, Ás de bolboreta, Xerais.

1º DE BAC. [42 alumnos / 3 grupos]

2º DE BAC. [70 alumnos / 3 grupos]

SANDRA CISNEROS, A casa en Mango Street, Rinoceronte.
MAGGIE O'FARRELL,
A desaparición de Esme Lennox, Galaxia.
MAITE CARRANZA,
Palabras envelenadas, Rodeira.

Lecturas presenciais de:

  1. curtametraxes,

  2. pintadas,

  3. poesía visual,

  4. poesía escrita,

  5. microrrelatos,

  6. haikus,

  7. greguerías,

  8. aforismos...

CLUBE ADULTOS AGUIAR. [20 lectores / 1 grupo]

HÉCTOR ABAD FACIOLINCE, El olvido que seremos, Seix Barral.

CRISTINA SÁNCHEZ-ANDRADE, Las inviernas, Anagrama.

 

Un libro vale polo número e a novidade dos problemas que crea, anima ou reanima. 

Paul Valéry

Ilustración: Ekaterina Panikanova

 

Tempo de Ler. Semana do 27 a 30 de outubro.

4ª SEMANA [4ª SESIÓN]
Nestas datas que anteceden ao día de defuntos, ben podemos pensar que somos nós os que camiñamos por enriba do libro que a Morte le.
Desacralizar a morte, desmontala con serenidade das súas maiúsculas ben pode ensinar a vivir a Vida. 
Son os medos moi necesarios para encarar os perigos. Mal administrados, eses medos poden ser un atranco para deixarnos vivir a vida.   
De todo iso (e de moito máis) falan Encol da morte do Bieito, un relato de Rafael Dieste, e este conto transilvano adaptado por Ana Cristina Herreros.
 
Deixamos a curtametraxe sobre o relato de Dieste (que fixera Xudit Casas), para os que pensan que compre ver tamén a película.

24 de outubro. Día Internacional das Bibliotecas e segunda saída ao Monte do Gato

Hoxe, 24 de outubro o Grupo de Biblioteca convídanos a celebrar con todo o mundo mundial o Día das Bibliotecas.           

A tal fin argallaron un xogo doce que deixará pegada no IES Francisco Aguiar. 

PREGÓN HOMENAXE A ANA MARIA MATUTE no DIA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

—¡Ana María, despierta!
El príncipe se quedó contemplándola. Era guapa, el pelo negro, los ojos grandes, la boca carnosa. Luego la sacudió suavemente, por un hombro.
Insistió: —Vamos, mujer, que ya es hora.
Ana María, solo después de un rato, empezó a moverse. Primero movió un dedo, luego una ceja, luego entreabrió un ojo.
—¿Y tú… quién… eres? –preguntó, no sin gran esfuerzo.
—¡Soy el Príncipe Azul!
—¿El qué?
—El príncipe… ¿No te acuerdas? Tenemos que amarnos.
—¿Es obligatorio?
—Claro, lo manda la tradición.
—¡Pues entonces vete a hacer gárgaras!
Ana María se giró hacia un lado y volvió a dormirse. El príncipe quedó sumamente desconcertado. Se incorporó del filo del lecho y se puso a pasear la estancia.Vio las telarañas del tiempo colgando de los pesados cortinajes, vio a un par de alabarderos durmiendo de pie, la nariz del uno apoyada en la nariz del otro. Vio, o mejor dicho, escucuchó la estridente sinfonía de ronquidos que le llegaban de todas partes de aquel palacio encantado; ronquidos atronadores de guardianes forzudos, ronquidos silbantes de cocineros exquisitos, ronquidos trascendentes de capellanes gordinflones, ronquidos, ronquidos… Como que tuvo que taparse las orejas para no ser víctima de aquel terremoto sónico… y entonces se dio cuenta: ¡el fuego de la chimenea también dormía! Se acercó, aproximó una mano a aquellas llamas petrificadas y quedó ensimismado… Luego de un tiempo incontable, levantó la vista y vio sobre la repisa una hilera de libros. Eran libros de cuentos, los únicos objetos de aquel lugar que no habían acumulado polvo ni telarañas. Con un temblique en el dedo índice de la mano derecha, impropio de todo un príncipe, fue recorriendo los títulos: Cuentos de antaño, de Charles Perrault, Cuentos de los hermanos Grimm, Cuentos de H. C. Andersen, Cuentos de Ana María Matute... Al leer este último, el corazón empezó a repicarle. Sacó el libro y lo abrió. Al azar fue leyendo: “Todos nos acostamos con el lobo, pero lo que no podemos hacer es confundirlo con la abuelita.” “La infancia es más larga que la vida”. “El que no ama está muerto”.
Justo al acabar esta frase, cesaron los ronquidos y el fuego de la chimenea cobró repentina vitalidad. El príncipe se apartó.
—Eso, ahora ponte a curiosear en mis cosas —oyó a sus espaldas.
Levantó un poco más la vista y vio, en el espejo de la chimenea, cómo se incorporaba en su magnífico lecho una dama todavía más magnífica. Casi cien años de edad, el pelo totalmente blanco y la sonrisa totalmente pura.
—¿Se puede saber qué día es hoy?
—¿Hoy? —El príncipe no tenía ni la menor idea.
—¡Me acabo de acordar!— Exclamó ella—. ¡Es 24 de octubre, día de la Biblioteca! ¡No te quedes ahí pasmao, que los niños nos están esperando! ¡Vamos, Príncipe Azul, mueve el culo!

Antonio Rodríguez Almodóvar

 

 Pero, tamén neste día,  outros dous grupos de 1º da ESO (C e D),  acompañados por Pepe Valverde, Carlos Castellanos e Laetitia Vaucanson sairán de excursión ao Monte do Gato .

Esta ruta inscríbese nun interesante proxecto, liderado polo Departamento de Educación Física, que pretende dar a coñecer ao alumnado as paisaxes e ecosistemas da nosa bisbarra.

Hora de Ler. Semana do 20 ao 24 de outubro. 3ª sesión

 

 

3ª SEMANA [3ª SESIÓN]

 

No caixón das suxestións de lectura para esta semana deixamos un microrrelato de Sandra Cisneros, (aínda que hoxe na oportuna tradución ao galego para Rinoceronte de Alicia Menéndez Sousa), e unha historia atopada na novela do exitoso Jonas Jonasson.

 http://biblioaguiar.blogspot.com.es/2014/10/hora-de-ler.html

 

 

 

 

 

Hora de Ler. Semana do 13 ao 17 de outubro. 2ª sesión

 
2ª SEMANA [2ª SESIÓN] 
 
 
 
Ás veces, tan agradable como ler é que nos lean, por exemplo, a historia de Suso ou a que conta Sandra Cisneros, onde é ben evidente que o sexismo, imposto pola publicidade, penetra no imaxinario colectivo con efectos nefastos, dos que convén fuxir co noso sentido crítico.

Nova edición da Hora de Ler. 2014-2015

1 SEMANA [1ª SESIÓN]



Retomamos a actividade Hora de ler nos grupos da ESO.

Esta semana, durante os quince primeiros minutos da primeira sesión de clase, os alumnos estarán a ler os libros que xa escolleron na Biblioteca ou ben os que elixiron previamente para estes instantes de lectura pracenteira.
Os que esqueceran levar o libro poden coñecer no fermoso relato de Etgar Keret a exemplar historia de Yoavi, ou constatar no relato de Fran Alonso que torres máis altas caeron.
 
E nós, aínda permanecemos aquí, disfrutando do risco.

E nós, aínda permanecemos aquí, disfrutando do risco.

Chegou aos nosos oídos....Lidia Gómez presenta novela premiada

Chegou aos nosos oídos....que  o mércores 20, ás 20 horas, presentarase na Libraría Biblos de Betanzos o 9º Premio Biblos-Casa Grande do Bachao de novela para menores de 25 anos, que na súa última edición gañou a betanceira e ex alumna do Aguiar,  Lidia Gómez Martínez.

Boa ocasión para compartirmos con Lidia  este momento tan especial e apoiar o lanzamento dunha xovencísima escritora que se fixo co galardón cando tiña só 19 anos. No acto estará arroupada pola anterior gañadora e membro do xurado que lle concedeu o premio, a pontevedresa Iria Morgade Valcárcel, autora de "Verbas no ar". Pero estarán presentes tamén moitos dos outros gañadores, algúns recoñecidos.

¡NORABOA!

Distribuir contido