Chegou ata os nosos oídos......."Historias de Icía e Avoa", prologado por I. Rodríguez Arias

"Chegou ata os nosos oídos..." é unha etiqueta da  páxina do IES Francisco Aguiar. Con ela queremos facernos eco da vida que hai máis aló do propio centro. Concretamente aquela que se relaciona con xente que pasou por aquí (como alumnos/as ou profesores/as) ou con persoas que aínda forman parte da nosa comunidade escolar e que nos amosan outras caras fora do centro. 

Dende  a  Asociación Cultural "Eira Vella" chegou aos nosos oídos... a invitación para participar na presentación das "Historias de Icía e Avoa (condensadas)"de Sabela Arias Castro o vindeiro venres 15 ás 20 horas na sala Azul do edificio Arquivo. Neste libro participa de xeito moi importante, como prologuista e...moito máis como veredes, a alumna de 2º de  BAC Icía Rodríguez.