Orientación

Charla para 2º BAC e 2º CS do Servizo de Información ao Estudante da UDC (Universidade da Coruña)

logo udc

 

Martes 3 de decembro

Ás 10:30 no salón de actos do centro para todos os 2º de Bacharelato e alumnado de 2º curso do CS. Charla organizada polo departamento de Orientación.

 

 

Martes 21 maio entrega de notas de 2º de BAC e charla de dirección e orientación acerca das probas de ABAU

O martes 21 será o día de entrega de notas ao alumnado de 2º de BAC, será de 11:00 a 11:15. Posteriormente, ás 12:00 haberá unha charla informativa acerca das probas ABAU a cargo de dirección e departamento de Orientación.

Na charla se informará acerca das normas de ABAU e o rexistro na aplicación NERTA.

 

Charlas de orientación académica para os 2º e 3º da ESO

orientacion

 

 

Ao longo desta vindeira semana. Organizadas por Amparo Mejuto Costa do departamento de Orientación, as charlas terán lugar no salón de actos según se detalla na táboa adxunta:

 

Grupos Día Horario
ESO 2º A e 2ºB martes 21 maio de 12:35 a 13:25
ESO 2º C e 2ºD xoves 23 de maio de 13:25 a 14:15
ESO 3º A e 3ºC mércores 22 maio de 11:30 a 12:20
ESO 3ºB e 3ºD luns 20 maio de 8:45 a 9:35

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os Correspondentes Xuvenís 3.0 do 'Aguiar' explican a súa labor nun vídeo

Video do alumnado do IES Francisco Aguiar inscrito no Plan Proxecta ' Correspondentes xuvenís 3.0 '. A misión destes mozos e mozas e, apoiados polos profesores coordinadores Julián Ferrer e Amparo Mejuto, difundir polo centro e en redes sociais novas e convocatorias de interese para todo o alumnado.

Dende aquí agradecer a todos os participantes neste proxecto a súa labor.

venres 10 maio 'Visita o teu campus' na UDC para alumnado de 1º de BAC

visita o teu campus

 

 

 

 

venres 10 de maio 2019

Durante toda a mañá. Tras unha charla xeral, o alumnado escolle a rama de coñecemento á que quere acudir na visita.

Organizada por Amparo Mejuto do departamento de Orientación e vicedirección.

 

 

 

 

 

 

Charla de información e orientación académica para os 4º da ESO

 

orientacion

Martes 30 abril 2019

Organizada por Amparo Mejuto Costa do departamento de Orientación, a charla correrá a cargo do especialista Domingo Álvarez Agudo. Terá lugar á 4ª sesión no salón de actos para todos os 4º ESO.

Charla para 2º BAC do Servizo de Información ao Estudante da UDC (Universidade da Coruña)

logo udc

 

Xoves 14 de marzo

No salón de actos do centro para todos os 2º de Bacharelato. Charla organizada polo departamento de Orientación.

De 10:25 a 11:15

 

 

Vª edición da Xornada de Orientación

 

 

Un ano máis o Departamento de Orientación, en colaboración con Vicedirección e o profesorado do Ciclo convoca ao alumnado de 1º e 2º BAC a unha Xornada de Orientación o vindeiro sábado 9 de marzo entre as 10.30 e as 13.00h..  E neste ano,  coa colaboración no deseño da información de Carmen Nuñez, ex alumna, bióloga e ilustradora.

O Bacharelato é un momento de   importantes decisións no relativo aos futuros estudos ou saídas profesionais.  

 

O panorama educativo constantemente cambiante que  estamos a vivir non facilita a toma de decisións  aos interesados e ás súas familias

 

A nosa convocatoria 

 

. Convidamos ao alumnado de 2º BAC que este ano rematará estudos de secundaria pero tamén ao de 1º BAC para que poida tomar  decisións con maior perspectiva.

 

. Convidamos ao alumnado, pero tamén ás familias, convencidos de que nunha decisión así compre sumar puntos de vista.

 

. Convidamos fóra do horario lectivo para favorecer a asistencia tanto das familias como dos colaboradores/as.

 

. Convidamos non tanto a unhas charlas teóricas  canto a un encontro con persoas que estudaron ou estudan aquilo no que podemos estar interesados/as.

 

 . Convidamos non porque dispoñamos dun grande presuposto económico, senón porque atesouramos o inmenso capital humano dun Instituto de máis de medio século.  Contaremos como colaboradores con ex-alumnos/as do IES Francisco Aguiar. 

OS COLABORADORES/AS DA XORNADA

 

- Pedro Rey                                    Prof. UDC

- Mª Jesús Pardo                             Profª.C.S. IES Aguiar

- Pablo Martínez/Carmen Valiño       Mediciña USC

- Laura Nogueira                                Matemáticas UNED

- Carmen Núñez                                 Bioloxía UDC

- Paula Gómez                                Biotecnoloxía USC

- Carlota Gómez.                            Enfermería UDC

- Sara Antelo                                    Fisioterapia

- Lorena Castro                              Química UDC

- Isabel López                                Óptica USC 

- Raquel Veiga                               Podoloxía UDC

- Joaquín Pérez          Arquitectura UDC

- Icía Carro                                    Informática UDC

- Nerea Leiras                                Enx.Desño.Industrial

- Yessica Fernández                          C.S Patronaxe e Moda(IES Paseo das Pontes)

- Ángel Amenedo                           C.S/C.M Electricidade (IES As Mariñas)

- Catuxa Gómez/Óscar Barreiro       EducaciónPrimaria UDC

    Paula García/Laura Antón                 EducaciónPrimaria UDC

- Paula Baroso                               EducaciónInfantil UDC

- Iria Pérez                                    Pedagoxía USC

- Laura Galán                                 Educación Social UDC

- Ainhoa Placer/Silvia Veiga          Terapia Ocupacional. UDC

- Penélope Vidal                            Logopedia UDC

- Antonio Gzálz/Ezequiel Varela     Historia USC

- Andrea Riveira                           Historia da Arte USC

- Lucía Tudó                                    Socioloxía UDC

- Daniel Quintás                           CC. Políticas USC

- Sara Cadaveira/Lidia Roibás       ADE+Dereito UDC

- Candela Montero                        Dereito UDC

- Adrián Mauri / María Vázquez    ESAF/C.S.Admon e Finanzas(IES As Mariñas)

- Marina Muiño/Alicia García       Comunicación Audiovisual UDC/USC

- Elías Teijo                                Publicidade CESUGA

- Silvia Soto/Pablo Ferrer             INEF UDC

- Gala Illanes/Uxía Castelos          Galego USC

Lidia Gómez                           Galego(Español)USC

- Noelia Barbeito                        Español UDC

- Maia López                              Filosofía USC

- Selene Varela/Noelia Fraga         Ling. Modernas USC

- Julio Lorenzo/Álvaro Pérez        Forzas Armadas

- Óscar Alfeirán                            Escola Superior de Hostelería de Galicia

 

Acto conmemorativo do 70 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

O vindeiro martes 11 de decembro celebraremos un acto para toda a ESO, a 7ª e 8ª hora no Pabellón, lectura de artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos en diferentes linguas a cargo de alumnos/as do centro.

derechos humanosDeclaración Universal dos Dereitos Humanos 

Post ABAU. Simulador da nota de admisión ás titulacións das Universidades galegas



 

Esta fin de semana será a da gran liberación para o noso alumnado que ven de rematar as probas da ABAU.

 

Nunha semana máis ou menos teredes as vosas cualificacións e entón compre ter clara cal é a nota acadada resultado da ponderación entre a cualificación da ABAU e a do BAC. Para facilitar isto a propia Xunta de  Galicia proporcionanos un simulador que permite calcular dita NOTA DE ADMISIÓN. 

 

 

Todas as persoas interesadas en coñecer a nota de admisión ás distintas titulacións do SUG, tendes á vosa disposición este simulador. Para isto, é necesario introducir a nota das distintas partes da proba da ABAU (a nota das materias da parte obrigatoria e as notas das distintas materias da parte voluntaria obxecto de ponderación) e a nota media de bacharelato.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25262

Distribuir contido