Orientación

Novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior. Convocatoria 2020

FP

Publicada a Resolución do 24 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de Formación Profesional do sistema educativo.

A resolución establece novas datas para a celebración das probas de acceso de grao medio e de grao superior.

MODELOS EXAMES ABAU 2020


MODELOS DE EXAMES ABAU 2020

 
De interese para os alumn@s de 2º BAC:
 
Aínda que a Resolución conxunta da SXU e da DXEFPIE non estea publicada, a Ciug procede á publicación dos novos modelos de exame para as ABAU 2020 que poden descargar no enlace que está nun Pos-it da páxina Web da CiUG
ou directamente a través do seguinte enlace:
 

 

Sara Carreira en La Voz de Galicia acompaña a información duns gráficos que aclaran as novidades.

Correspondentes Xuvenís 3.0 do Aguiar, Megan cóntanos porqué é unha boa idea eso de ser #correspondentesxuvenís

Dentro dos Plan Proxecta que temos no noso IES, hai un que lles encanta a todo o voluntariado que se apunta nel. É o plan dos correspondentes xuvenís 3.0que coordinado pola nosa orientadora Amparo Mejuto e o profesor de XHª Julián Ferrer, promove que o alumnado informe aos seus compañeiros, tanto no centro coma por redes sociais, de todas aquelas novas que poden ser do seu interese. 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS DA UDC: xoves 23 e venres 24 de abril

A UDC nun clic! udc

Como futuro estudante universitario queremos amosarche a Universidade da Coruña nestas Xornadas de Portas Abertas. Como somos, que facemos e que podemos ofrecerche para que se vexan cumpridas as túas expectativas vitais e profesionais na a túa traxectoria universitaria. Outros anos puidemos abrir literalmente as nosas portas e manter un contacto estreito e persoal contigo. Nesta ocasión, a COVID-19 obríganos a facelo de forma virtual mais iso non será impedimento para ensinarche a UDC con todo o noso agarimo.

Achégate!



Benvido/a á Universidade da Coruña!

Benvido/a ao teu futuro!



É o que propoñemos a través das XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAIS, na que os visitantes (estudantes e familiares) coñeceredes por dentro a nosa Universidade e poderedes interactuar cos responsables das titulacións, os vindeiros xoves 23 e venres 24 de abril.


Tamén coñeceredes os servizos e unidades que lle van a facer máis fácil e atractiva a VIDA UNIVERSITARIA: UDC Internacional, residencias públicas, centro de linguas, cultura, deporte, , cooperación e voluntariado, medioambente, UDC saudable, atención á diversidade, acción titorial, asociacións estudantís, emprego...



Podes ver toda a información das Xornadas, na que figuran agrupados por ramas de coñecemento os 41 Grados, 7 Programas de Simultaneidade e 2 Graos Abertos que lles ofrecemos para o vindeiro curso 2020-2021.


Na ligazón: https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/


E na aplicación móvil UDC.gal para Android<https://play.google.com/store/apps/details?id=gal.udc.campusmobil> e para IOS<https://itunes.apple.com/us/app/udc-mobil/id1245551194?l=es&mt=8>



Disporedes de:

  *   Videoconferencia en directo de cada titulación
  *   Vídeos de Centros Universitarios
  *   Vídeos con testemuño de alumnado matriculado e alumando titulado

Tamén teredes á vosa disposición dous postos permanentes para guialos polas Xornadas: un de Información Xeral e outro no que poderán facer as a consultas relacionadas co Acceso e Admisión na Universidade.

Temos un apartado especial con obradoiros e retos en vivo, con premios para quen os consiga superar.



Benvido/a á Universidade da Coruña!

Benvido/a ao teu futuro!

Programa A Ponte, “Encontros Virtuais” da USC, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Dende a USC  nos qhega a seguinte información e iniciativa:.

aponte

A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os “Encontros Virtuais”  orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Os “Encontros Virtuais” da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:

o    Presentacións das titulacións

o    Obradoiros, Retos, etc.

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Concursos

o    Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital.

Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda mais nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.

 

 

 

 

 

Video informativo probas ABAU curso 19-20

A CIUG publica hoxe un video informativo para aclarar dúbidas acerca da convocatoria das probas ABAU do presente curso.

Charla da UDC para 1º de BAC

udc

 

 

Mércores 19 de febreiro

De 10:25 a 11:15 no salón de actos do centro.

Preferencias expresadas polo alumnado de 2º BAC para a súa formación futura. Estudo do departamento de Orientación

O departamento de Orientación realizou un pequeno estudo co alumnado de 2º de BAC do curso 2019/20 para prever as súas preferencias á hora de continuar a súa formación. Presentamos aquí as conclusións:

elección por ramas de coñecemento

 

 

 

Rama de coñecemento Porcentaxe de alumnado
Enxeñería e Arquitectura 15%
Ciencias da Saúde 31%
Ciencias Sociais e Xurídicas 40%
Artes e Humanidades 6%
Ciclos Formativos 6%
Outras Saídas 2%

 

 

Dentro de cada unha das ramas de coñecemento escollidas, as preferencias expresadas polo alumnado foron:

enxeñería e arquitectura ciencias da saúde
ciencias sociais e xurídicas artes e humanidades
ciclos formativos

Grazas a Amparo Mejuto de Orientación e Mª Jesús Pardo de Ciclo Superior XVEC pola realización do estudo e a presentación de resultados.

 

Acto 30º aniversario da Convención dos Dereitos do Neno

Compartimos a presentación que empregamos o pasado 17 de decembro nun acto celebrado para toda a ESO no Pabellón do noso IES. O departamento de Orientación, da man do profesor de Pedagoxía Terapéutica, Ramón Ferreño, encargouse de atopar alumnado de diferentes procedencias para, entre todos ler os artigos da Convención dos Dereitos do Neno en todas as linguas e acentos do alumnado do centro. 

Presentación 


Vídeo
Álbum na Galería fotográfica do centro
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

 

 
Álbum: Actividades 2019-2020 -> Acto 30º aniversario Convención dos Dereitos do Neno
Distribuir contido