Convocatoria 2024

Acceso á información xeral das probas de acceso a grao superior

Máis información

Introdución

- Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D)


Información xeral e calendario

Nas seguintes ligazóns poderase consultar a información xeral e o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Composición dos tribunais

Solicitude de inscrición telemática

Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao superior. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non será válida a inscripción.

- Guía de uso do asistente informático para elaborar a solicitude

- Ligazón á aplicación informática

- Modelo de certificacións de actividades realizadas na empresa (Anexo X)

Listaxes da convocatoria 2024

Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2024.

As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Orde pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2024.

Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición e de exencións.

Período de reclamación: do 19 ao 23 de febreiro, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa nas probas de acceso a grao superior.

Instrucións para obter o código persoal de consulta.

  • Listaxe definitiva

Acceso ás listaxes de cualificación.

  • Listaxe provisoria
  • Listaxe definitiva

Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.

  • Ver lugares e sedes
  • Instrucións para a realización das probas

Acceso aos exames e respostas da convocatoria do 2024

  • Parte común
  • Parte específica

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (Acceso á normativa de probas)

Etiquetas: 
Tema: