Innovación na formación profesional
FP Innova 2026
- Páxina web: fpinnova.gal
A innovación tecnolóxica na formación profesional deberá permitir a transformación do coñecemento e da creatividade na mellora de procesos, produtos ou servizos que podan supoñer un incremento da competitividade das nosas empresas, á vez que facilitará unha formación de calidade, na que galegos e galegas vexan mellorada a súa empregabilidade e as súas posibilidades de proxección e inserción profesional.
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional pretende impulsar a aparición de iniciativas e proxectos innovadores no ámbito da formación profesional, entre outras accións, mediante a convocatoria de premios a proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica.
Convocatoria 2026







