Espazos de tecnoloxía aplicada na FP. Convocatoria 2024

Convócase o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Información sobre a convocatoria:

  • Enderezo electrónico:  fpinnova@edu.xunta.gal
  • Teléfono: 881996523