Correspondentes Xuvenís 3.0 do Aguiar, Megan cóntanos porqué é unha boa idea eso de ser #correspondentesxuvenís

Dentro dos Plan Proxecta que temos no noso IES, hai un que lles encanta a todo o voluntariado que se apunta nel. É o plan dos correspondentes xuvenís 3.0que coordinado pola nosa orientadora Amparo Mejuto e o profesor de XHª Julián Ferrer, promove que o alumnado informe aos seus compañeiros, tanto no centro coma por redes sociais, de todas aquelas novas que poden ser do seu interese.