ABAU CONVOCATORIA ORDINARIA 2019

93 % DE APROBADOS
 
Parabéns aos 73 alumn@s (e as familias) que xa respiran ao ter superadas as Probas de Avaliación dos Bachilleres no Acceso á Universidade.
 
E moitísismo ánimo aos cinco compañeiros que tiveron a mala sorte de non superar a proba. Sabemos que poderán conseguilo na próxima convocatoria extraordinaria!
 

Gañadores do VI Concurso de Esopías IES Francisco Aguiar

Presentamos unha pequena montaxe cos gañadores do VI Concurso de Esopías IES Francisco Aguiar. 

Trátase de contar letras de palabras para que se acomoden as cifras do número pi, e que compoñan un todo poético, que aínda por riba, hai que ilustrar dun xeito orixinal. Este ano cabe dicir que hai moitos premiados, culpade tanto a calidade dos traballos coma a imposibilidade do xurado para deixar fóra traballos de calidade. 

Gañadores/as do Safari Fotopoético 2019

 

Se a fotografía axuda ás persoas a ver e a poesía a sentir, a fotopoesía, lévanos máis aló. O safari fotopoético en 3º da ESO é xa unha tradición con froitos que non deixan a ninguén indiferente.

Nesta ocasión, no 800 aniversario do traslado da vila de Betanzos centramos as fotopoesías en Betanzos e na figura da soldadeira do medievo María Balteira.

Entrega premios #findecurso #4ESO no #Alfonsetti #sentidiño coas invitacións lembrade o aforo máximo

Entrega premios fin de curso 4ºESO no Alfonsetti o venres 21 ás 18:00. Lembrade que o aforo do local é de 200 asientos apróximadamente. Podedes invitar á familia, pero facédeo 'con sentidiño' despedida  4º

Programa Viaxe a Grecia 2019

grecia 19

 

 

 

O departamento de Grego fai público o programa da 'Viaxe a Grecia 2019'  que se levará a cabo do 21 ao 27 de Setembro de 2019.

Despedida do curso. Vídeo 'Francisco Aguiar por Julián' video entrevista do alumnado de TIC I

Compartimos con todos vós un pequeno vídeo elaborado polo alumnado de TIC I de 1º BAC. Os alumnos fixeron unha pequena entrevista (hai quen dí encerrona) a Julián Ferrer, profesor do departamento de Xeografía e Historia. Grazas Julián por colaborar sempre.

Video orixinal do alumnado de TIC I 2018/2019 do IES Francisco Aguiar de Betanzos.
Montaxe de Daniel V. e Noel F.
Iluminación  Diego e Javier.
Escenas de exteriores Oscar,  Héctor,  Noel e Alberto.
Claquetas Laura e Fabián.
Rexedores Candela e Alejandro
Profesora Carmen Núñez

INFORMACIÓN IMPORTANTE: CUALIFICACIÓNS XUÑO

INFORMACIÓN IMPORTANTE: CUALIFICACIÓNS XUÑO

Estimadas familias,

Comunicámoslles que as cualificacións do curso serán publicadas en SIXA Familias (poñerase o aviso correspondente na páxina web do instituto o martes 25 ao remate das avaliacións entre as 19:30h e as 20:30h), considerando isto como comunicación oficial aínda que a entrega de boletíns mantense segundo a carta informativa (o mércores 26 ás 10:30h).

Se non actualizou a súa contrasinal de  SIXA Familias pode solicitala telefonicamente ou en persoa na Secretaría do instituto.

Así mesmo informamos que, para a recollida dos boletíns de cualificacións non haberá servizo de autobuses xa que o 21 de xuño as empresas xa remataron o seu contrato coa Xunta.

Desexándolles un feliz verán despídese atentamente,

O Equipo Directivo

Betanzos, 18 de xuño de 2019

Prazo de admisión en Ciclos Formativos de FP. Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais

CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais 

FP presencial

Plazo ordinario: Del 24 de junio al 2 de julio de 2019

Plazo extraordinario: Del 2 al 10 de septiembre de 2019

Máis información no portal de FP Galicia.

Preme na imaxe para descargar un tríptico explicativo do

CS XESTIÓN DE VENDAS E ESPAZOS COMERCIAIS

que ofertamos no noso centro.

 FP Galicia
Distribuir contido