Adrián Vázquez Rodriguez terceiro clasificado no Concurso Parnaso 2019 a nivel nacional

SEECComprácenos compartir convosco esta boa nova. O noso alumno Adrián Agustín Vázquez quedou terceiro clasificado no certame nacional da proba Parnaso acadando a puntuación de 9. Para o seu profesor, Francisco Calaza e para toda a comunidade do 'Aguiar' este feito é motivo dun profundo orgullo. Parabéns 

Fotos da viaxe a Asturias e descenso do Sella con alumnado de 3º de ESO

Iremos subindo á galería as fotos da viaxe. Preme na imaxe ou entra no álbum.

Coma aperitivo un video-resumo do seu descenso do río Sella.

 

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Viaxe Asturias 3ºESO

Os Correspondentes Xuvenís 3.0 do 'Aguiar' explican a súa labor nun vídeo

Video do alumnado do IES Francisco Aguiar inscrito no Plan Proxecta ' Correspondentes xuvenís 3.0 '. A misión destes mozos e mozas e, apoiados polos profesores coordinadores Julián Ferrer e Amparo Mejuto, difundir polo centro e en redes sociais novas e convocatorias de interese para todo o alumnado.

Dende aquí agradecer a todos os participantes neste proxecto a súa labor.

Día das #letrasgalegas 2019: A figura de 'Antón Fraguas' narrado para os 2º da ESO

Xoves 16 de maio de 2019.

De 10:40 a 11:30, no salón de actos, a actriz e contadora de historias, Soledad Felloza co espectáculo 'Do teu xardín', acerca ao alumnado dos 2º da ESO a figura de Antón Fraguas, homenaxeado neste día das letras galegas 2019.

Antón Fraguas

Viaxe a Asturias 2019

 

asturias

 

 

 

Á primeira hora de hoxe, 15 de maio, saiu a expedición comandada por José Permuy, José A. Valverde e Marta Penalonga Chao.  

Esperamos que a meteoroloxía lles permita realizar todas as actividades que teñen programadas e que desfruten da experiencia.

 

 

Mañá

Tarde

Día 1

Traslado e chegada ao hotel

Descenso en canoa do Río Sella

Día 2

LAGOS DE COVADONGA +

SANTINA DE COVADONGA

Ruta de sendeirismo por un dos símbolos de Asturias

Parada na Praia das Catedrais

Regreso

 

 

 

 

Novas fotos da VIII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía na galería fotografíca do centro e ... aínda faltan

A galería fotográfica do curso 2018/2019 segue a medrar con instantáneas de moitas das actividades que teñen lugar no noso centro. Entre elas, a VIII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía, na que moitos docentes e alumnos/as participan con entusiasmo, traballo e ilusión.

Incorpóranse agora ao álbum da VIII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía:

as fotografías das actividades desenvoltas polo alumnado de Luis Seco en 3º da ESO con diversos proxectos de Tecnoloxía,

as de Luisa Muíño e Olga Blanco coa súa 'Máxia da Física e Química' con 2º da ESO

e as de J.M. Rey Bao na Xincana Betanzos 800 anos con 1º da ESO.

Accedede ao album ou armádevos de paciencia se premedes na imaxe, xa levamos máis de 150 fotos.

 

 

Álbum: Actividades 2018-2019 -> VIII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Probas de avaliación final de educación secundaria obrigatoria. O IES Francisco Aguiar entre os centros seleccionados para realizar a mostra.

No DOG do 3 de maio publicouse a Resolución do 16 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/19. Esta avaliación terá carácter mostral. Aplicarase ao alumnado matriculado no curso escolar 2018/19 en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes seleccionados para formar a mostra.

Acabamos de coñecer que, aplicando criterios estatísticos, o noso centro, IES Francisco Aguiar resultou seleccionado para formar parte da mostra de centros participantes. As probas celebraranse, co alumnado de 4º de ESO, os días 28 e 29 de maio de 2019.

Cómpre lembrar que a avaliación final de educación secundaria obrigatoria ten finalidade diagnóstica, con vistas á mellora da calidade e equidade do sistema educativo.

Esta proba valorará o grao de adquisición da competencia matemática, da competencia lingüística e da competencia social e cívica, tendo como referencia principal as materias xerais do bloque de materias troncais cursadas en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria.

probas

HORA DE LER 30ª SEMANA [5ª SESIÓN]

 
HORA DE LER

30ª SEMANA [5ª SESIÓN]
 
Que mellor proposta de lectura que as obras literarias que os nosos lectores saben escribir.... 
Distribuir contido