HORA DE LER

20/05/2023 20:26
Europe/Andorra

Que levou á novela negra a unha magnífica autora de microficcións? 

O próximo martes teremos a oportunidade de trasladarlle esta e outras preguntas a Arantza Portabales. 

EVA MEJUTO NO IES F. AGUIAR

 

 

 

 

 Hoxe tivemos no Instituto  a Eva Mejuto, autora da obra A ladroa da Biblioteca de Meirásunha novela xuvenil na que se amosan importantes sucesos do pasado recente na nosa contorna . No libro a escritora recrea como as Torres de Meirás , que pertenceran a Emilia Pardo Bazán, foron convertidas na residencia de verán do ditador F.Franco despois dun espolio ao pobo de Sada. A protagonista, Mariña, é parte dunha desas familias que quedaron sen casa e sufriron a persecución por non seren do bando gañador.

VISITA Á FÁBRICA DA EMPRESA TEJAS VEREA, S.A.

 

Organizado polo departamento de Tecnoloxía do noso instituto visitamos o 8 de maio a empresa “Tejas Verea, S.A” que se dedica á fabricación de diversos tipos de tellas localizada en Lanzá (Mesía). Guiados por unha técnica e un técnico visitamos en primeiro lugar a zona de aprovisionamento de material: moenda e mestura de arxilas, xunto coa zona de maduración.

Despois fomos visitar a liña 1 onde se fabrican tellas planas de diversas formas vendo o amasado, extrusionado, secado e cocido dos produtos. Todo o proceso é controlado automaticamente polo sistema industrial SCADA, e incluso puidemos observar a posta a punto dun sistema de control de calidade das tellas planas que funciona por son. Visita moi interesante para ver as aplicacións dos sistemas automáticos de control na industria.

 

AVISO - Remata o prazo para a solicitude bolsas

 

Recordamos aos alumnos e alumnas que cursen estudios postobligatorios que mañá, día 17 de maio de 2023, remata o prazo para presentar a solicitude de BOLSA DE ESTUDOS.

Convocatoria de folga de transporte por estrada para o xoves 18 de maio

 

Informamos que hai convocada unha folga de transporte por estrada de carácter estatal para o xoves 18 de maio.

 

A folga afecta, por tanto, ao transporte escolar. Como é habitual en caso de folga, a Consellaría establecerá servizos mínimos. 

HORA DE LER #DÍA DAS LETRAS GALEGAS

14/05/2023 11:51
Europe/Andorra

 

 

 

O 17 de maio de 1963 a Real Academia Galega instituiu o Día das Letras Galegas. 

60 anos despois a Real Academia Galega homenaxea a Francisco Fernández del Riego, escritor e editor,  un dos fundadores da Editorial Galaxia, presidente e renovador da Real Academia Galega e impulsor do Día das Letras Galegas.

Música para Nós - Lista colaborativa de música en galego

 

Música para nós. Lista colaborativa de spotify que recolle case 800 temas en galego (máis de 24 horas) , seleccionados polo alumnado de 4º da ESO.

Podedes acceder a lista AQUÍ. (Hai que rexistrarse na aplicación)

 

 

 

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Alumnas de 4º D, campioas de España en K-4

 

Soubemos que varias das nosas alumnas de 4ºD quedaron campioas de España en K-4 hai unhas semanas.

 

Estamos moi orgullosas de vós, rapazas!!

 

Actividade de Meteoescolas . 2º ESO A

O alumnado de 2°ESO A fixo unha tarefa de búsqueda de información sobre magnitudes relacionadas coa Meteoroloxía. O resultado final foi a creación de carteis informativos de Meteoescolas que están colgados no corredor da entrada do IES Francisco Aguiar. 

 

 

 

Festival das Letras Galegas

16/05/2023
Etc/GMT+2

Con motivo do Día das Letras, o día previo organizamos un festival de música, canto e baile de tradición galega, para a etapa da ESO, na última hora da mañá e da tarde.

Distribuir contido