Excursión ás Fragas do Eume - 1º de ESO

Os grupos de 1º de ESO visitaron as Fragas do Eume os días 23 e 30 de maio, onde puideron visitar o mosteiro de Monfero.

Álbum: Curso 22-23 -> Fragas do Eume 22/23

Concerto didáctico do alumnado de 1º de Bacharelato

O próximo 4 de xuño ás 20:00 horas, na sala Xulio Cuns de Betanzos, terá lugar o Concerto de fin de curso a cargo do alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Linguaxe e práctica musical. Será un gran concerto, con 20 actuacións musicais nas que empregaremos diferentes obxectos.

Non perdas a oportunidade de asistir!! Poderás recoller a túa entrada en conserxería do Centro en horario escolar, entradas de balde ata completar aforo. Esperámoste!!

 

AXUDA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24

 

Veñen de ser publicada a convocatoria de AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR do próximo curso académico.

Poden consultar toda a información no seguinte enlace.

PIRAGÜISMO NO RÍO MANDEO. BAC 1º Proxectos de vida activa e deportiva (PVAD)

29/05/2023 15:51
Europe/Andorra

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HORA DE LER

28/05/2023 09:59
Europe/Andorra

Somos o que lemos... 

Lemos o que escribimos... 


Entre as suxestións desta semana os relatos de Amaia Tomé, Irene Docampo, Andrea Solís, unha antoloxía de microficcións en inglés (na que participaron, con éxito, coa supervisión de Laura Rodríguez Manso, alumnos de 3º ESO) e uns poemas de Sara Parga. 

Aguiar ao cuadrado...

Textos publicitarios

26/05/2023 07:55
Europe/Andorra

Trabajo publicitario realizado por el alumnado de 2º de ESO en la materia de Lengua Castellana.

Los anuncios incluyen  un vídeo musical en  un código QR que hace referencia al tema trabajado.

Saída didáctica ao Museo Picasso, da Coruña

Os grupos de E1A e E1D visitaron o Museo Picasso na Coruña e realizaron ademais un itinerario didáctica relacionado coa expedición da enfermeira coruñesa Isabel Zendal.

Álbum: Curso 22-23 -> Saída didáctica á Coruña 1º ESO

Polos Creativos. Actividades de 2º A de ESO

 

O alumnado de 2°ESO-A comeza a súa andaina na Aula de Polos Creativos deseñando nos seus ordenadores e-dixgal unhas pezas na plataforma TINKERCAD, para imprimilas a continuación na impresora 3D.

O deseño son pezas de puzle que crean colaborativamente coas especificacións precisas para formar un gran ropecabezas, reforzando os vínculos do grupo-titoría.
Álbum: Curso 22-23 -> Polos Creativos E2A

Proxecto eTwinning

 

Dez estudantes de 3º da ESO do IES Francisco Aguiar participaron ao longo deste curso, e xunto con outros 118 rapaces e rapazas de Alemaña, Turquía e España (Andalucía), nun proxecto europeo eTwinning chamado “A Collection of Short Stories in English”.


Dirixidos pola súa profesora de inglés, Laura Rodríguez Manso, escribiron pequenos contos en inglés de xeito colaborativo en grupos mixtos internacionais.


O resultado foron 21 historias que foron publicadas nun eBook As tres mellores, votadas por todo o profesorado participante, tamén se poden desfrutar en audio.

 

"bd. ban-de". Revista de Banda Deseñada do IES Francisco Aguiar nº 15

 

 

 O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Francisco Aguiar publicou, un ano máis (e van 15!), a súa revista de banda deseñada, Ban-De, que ten como eixe temático o Parque enciclopédico do Pasatempo.

(Podedes acceder á revista picando no enlace)

 

 

 

Distribuir contido