Última convocatoria do Club de Lectura
Aviso! Temos nova data dos clubs de lectura: próximo martes 13 de xuño. Aínda estades a tempo de anotarvos así que animádevos!
Visita ao BAM de Betanzos
Os grupos de 2º ESO participaron da actividade “Achegámonos ó BAM” os días 24 de abril, 8 de maio, 15 de maio e 30 de maio dentro das actividades do proxecto Meteoescolas e coordinada xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. As saídas consistiron nunha visita guiada por Ángel Arcay, director da Biblioteca, Arquivo e Museo de Betanzos. Xa na saída o guía fíxonos entrega dun documento onde se podía observar fotos antigas de Betanzos, que fumos comparando coa actualidade, e onde tamén se podía observar os relieves do calendario medieval que están esculpidos nun capitel da Iglesia de Santa María do Azogue, que pasamos a visitar. Alí o guía fíxonos coñecer os distintos meses alí representados, así como os distintos motivos e a importancia do mesmo.
De seguido subimos á praza da Constitución onde observamos a torre do Concello, que se atopa pegada á Igrexa de Santiago, e onde observamos as indiciacións dos Catro Ventos que nela se atopan e que nos dan unha idea da importancia que tiña a meteoroloxía na época da súa construción.
Seguimos o roteiro, e na Praza dos Irmáns García Naveira vimos o indicador da altura á que se atopa Betanzos, para a continuación achegarnos ás instalación da Biblioteca, Arquivo e Museo de Betanzos, onde puidemos observar as súas instalacións e adentrarnos no museo. Alí puidemos observar documentos do betanceiro Francisco Javier Martínez Santiso (1868 - 1934), onde recollía datos das mareas, eclipses, dos reloxos da época… E o guía fíxonos saber da importancia que ten para os estudos actuáis de meteoroloxía os datos recollidos por Francisco Javier naquela época.
A visita rematou coa volta para o instituto.
HORA DE LER
Ler: vivir nos libros para aprender a apurar a vida ante «el olvido que seremos»
Entre as suxestións desta semana, os relatos de Inma López Silva e Mónica Sánchez e un poema de Billy Collins.
Roteiro Literario por Ourense
Enviado por carlos o Ven, 02/06/2023 - 12:10Última convocatoria do Club de Lecturas e obradoiros
Rematamos o club de lectura! Non te perdas os últimos obradoiros deste curso. Poderás anotarte nas follas que están no encerado branco á entrada da Biblio. Esperámoste!
Club de Ciencias: Proxecto Ríos
Enviado por carlos o Xov, 01/06/2023 - 10:54Acercámonos ao río Pelamios (aldea das Carañas) para facer un estudo da súa calidade biolóxica, fisicoquímica e hidromorfolóxica no tramo baixo.
Antes de saír aproveitamos para explicar o programa con placas de Arduíno que realizou o alumnado de Tecnoloxía de 1ºBAC para automatizar o mantemento do nivel da auga do estanque do xardín.
Excursión ás Fragas do Eume - 1º de ESO
Enviado por carlos o Xov, 01/06/2023 - 10:48Concerto didáctico do alumnado de 1º de Bacharelato
O próximo 4 de xuño ás 20:00 horas, na sala Xulio Cuns de Betanzos, terá lugar o Concerto de fin de curso a cargo do alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Linguaxe e práctica musical. Será un gran concerto, con 20 actuacións musicais nas que empregaremos diferentes obxectos.
Non perdas a oportunidade de asistir!! Poderás recoller a túa entrada en conserxería do Centro en horario escolar, entradas de balde ata completar aforo. Esperámoste!!
AXUDA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/24
Veñen de ser publicada a convocatoria de AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR do próximo curso académico.
Poden consultar toda a información no seguinte enlace.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »