Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Luns Xuño 19, 2023 »
Lun

Entendemos que o feito de que o coñecido como o "Día do Orgullo" caia fora do calendario lectivo, a 28 de xuño, motiva que a Consellaría indique o seguinte no decreto do calendario escolar 2022/23:

De conformidade co establecido no artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia, para favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual, os centros docentes sostidos con fondos públicos realizarán actividades específicas próximas ás datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo do dereito destas persoas.

 

 

Recibimos a visita do centro de Formación Profesional "Fragas do Eume", que fará unha demostración de coctelería con bebidas sen alcohol.

O día 6 a demostración é para E4A e E4D; o xoves 8 é a quenda de E4B e, por último, o luns 19 é a quenda de E4C. 

Todas as demostracións se fan en horario de titoría.

Distribuir contido