Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Domingo Xuño 18, 2023 »
Dom
Start: 18/06/2023 10:14

Hora de ler? 

Aínda que os nosos pés pisen as baldosas das aulas, son moitas as cabezas que están a pensar nos graos de area que esperan nas praias. 

Por iso, para pechar esta última semana de Hora de ler, que mellores suxestións de lectura que un poema da artista multidisciplinar Sol Mariño e os relatos A veces en verano de Lucia Berlin e Lectura de un verano de Bernard Malamud.

Start: 18/06/2023 22:00

Entendemos que o feito de que o coñecido como o "Día do Orgullo" caia fora do calendario lectivo, a 28 de xuño, motiva que a Consellaría indique o seguinte no decreto do calendario escolar 2022/23:

De conformidade co establecido no artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia, para favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual, os centros docentes sostidos con fondos públicos realizarán actividades específicas próximas ás datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo do dereito destas persoas.

 

 

Distribuir contido