Betanzos en detalle

Concurso Betanzos en Detalle

Betanzos en Detalle

En febreiro de 2019 celebraremos o octavo centenario do traslado de Betanzos desde Tiobre ao seu actual emprazamento. Con este motivo, conscientes de que o noso Casco Antigo ten un gran interese histórico-artístico, e coa intención de fomentar o seu coñecemento e conservación, o Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar convocan o concurso

"DETALLES DE OITOCENTOS ANOS",

de acordo coas bases que se poden ler nesta mesma entrada ao premer en ler máis.

Pódese descargar o díptico para participar se se preme na imaxe.

Entrega de marzo no concurso "Betanzos 800 detalles"

Nova entrega do concurso convocado polo Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar 

Betanzos detalles de 800 anos

Pregunta nº 4

A fotografía 20 corresponde a unha igrexa onde foi bautizado un personaxe betanceiro que acadou importantes cargos académicos en Galicia e eclesiásticos en América.

Quen foi este importante personaxe?

 

Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.

Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.

Álbum: Concurso 800 detalles -> 4- Marzo 2019

Entrega de febreiro no concurso "Betanzos 800 detalles"

Nova entrega do concurso convocado polo Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar 

Betanzos detalles de 800 anos

Pregunta nº 3

O lucernario oval da fotografía 15 está na fachada dun pazo construído nos primeiros anos do século XIX e reformado a mediados do XX.
Que familia da nobreza o levantou?

 

Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.

Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.

Álbum: Concurso 800 detalles -> 3- Febreiro 2019

Entrega de xaneiro no concurso "Betanzos 800 detalles"

Segunda entrega do concurso convocado polo Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar 

Betanzos detalles de 800 anos

Pregunta nº 2

A fotografía 10 forma parte dunha fonte inspirada nunha escultura francesa e inaugurada o 17 de novembro de 1867. A traída de augas foi proxectada polo enxeñeiro Pedro Vilar.
Onde está o manancial do que procede a auga?

 

Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.

Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.

Álbum: Concurso 800 detalles -> 2- Xaneiro 2019

Primeiro reto fotográfico para o concurso Betanzos detalles de 800 anos

Comeza a primeira entrega do concurso aberto á participación de toda a comunidade e convocado por o Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar 

Betanzos detalles de 800 anos

Pregunta nº 1

 A fotografía 5 corresponde a un edificio relixioso no que se conservan sartegos dedicados a mercadores, burgueses e artesáns. Un deses comerciantes foi un líder da Segunda Revolta Irmandiña. Cal era o seu nome?

 

Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.

Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.

Álbum: Concurso 800 detalles -> 1- Decembro 2018

Concurso Betanzos en Detalle no xornal "Betanzos e a súa comarca"

O IES Francisco Aguiar en colaboración co Concello de Betanzos e ACEBE CCA organiza o concurso "Betanzos en Detalle".

Está dirixido a escolares e ao público en xeral buscando a promoción e posta en coñecemento e valor do casco histórico brigantino.

O concuso desenvolverase ao longo de seis meses. Cada mes faranse públicas cinco fotografías correspondentes a pequenos detalles agochados en diferentes puntos do casco histórico. Trátase de identificar a ubicación destes detalles e contestar unha pregunta ao mes relacionada con elas.

As fotografías, orixinais do alumnado de Educación Plástica e Visual do centro, publicaránse en "Betanzos e a súa comarca", nun taboleiro no edificio do Liceo e na páxina web do IES Francisco Aguiar.

Para completar o concurso haberá que identificar 30 fotografías e contestar a 6 preguntas.

Estableceranse dúas categorías e un premio para cada unha delas. Os escolares optarán a unha tablet e o público en xeral a un tarxeta regalo ACEBE CCA por valor de 100€.

Animádevos todos a participar.

Betanzos en Detalle
Distribuir contido