Entrega de marzo no concurso "Betanzos 800 detalles"
Nova entrega do concurso convocado polo Concello de Betanzos, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto (ACEBE-CCA) e o I.E.S. Francisco Aguiar
Betanzos detalles de 800 anos
Pregunta nº 4 A fotografía 20 corresponde a unha igrexa onde foi bautizado un personaxe betanceiro que acadou importantes cargos académicos en Galicia e eclesiásticos en América. Quen foi este importante personaxe? |
Preme na imaxe (e navega cas frechas) para poder visonar as fotos do reto deste mes a resolución media.
Lembra que podes descargar o díptico de participación premendo aquí ou na imaxe do poster do concurso. Asimesmo podes acceder ao albúm do concurso con todas as entregas clicando aquí ou o álbum deste mes en particular para visualizar as imaxes (clica logo nelas) á máxima resolución aquí.