Gañadores do concurso Betanzos Detalles de 800 anos

 

Betanzos 800 anos

Publicado o número de xullo da revista 'Betanzos e a súa comarca', facemos público o acta do xurado que deliberou os gañadores nas dúas categorías do concurso convocado polo IES Francisco Aguiar, o Concello de Betanzos e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto,

Betanzos Detalles de 800 Anos


a) Na categoria de alumnos de centros educativos resultan dous concursantes empatados con todas as cuestións resoltas correctamente. Realizado o correspondente sorteo, resulta gañador D. MARCELO BARREIRO SÁNCHEZ

b) Na categoria de público en xeral, resultan dous concursantes empatados con todas as cuestións resoltas correctamente. Realizado o correspondente sorteo, resulta gañador D. ANTONIO VIDAL MAZAS

Os premios do concurso entregaranse o vindeiro 3 de xullo ás oito da tarde no Salón Azul do Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia. O premio da categoría público en xeral é un acebecheque de 100 € e o da categoría escolar unha tablet.

 

Dende o 'Aguiar', agradecemos a todos os participantes o seu interese nesta a nosa proposta para dar máis valor, se cabe, a este 2019 tan especial para todos os brigantinos. O reto non era sinxelo, e sorprendeu a grande exactitude na meirande parte das respostas recollidas. Para os que querades saber máis, facemos aquí públicas as solucións do concurso.