Skip to Content

Aliméntate ben

RECICLANDO OS CARTÓNS DE LEITE

reciclaxe 1

Esta  semana aproveitando que estamos a tomar leite, lembramos a través dos Bolechas  "a reciclaxe" e  que hai que botar no contenedor amarelo os cartóns de leite, os envases de  plásticos e as latas.

reciclaxe

 

reciclaxe 2

COAS MANS NA MASA

Este mércores pasado recibimos a visita de Karim, papá de Sami de 3 anos A. Levamos a cabo  un obradoiro de cociña onde realizamos pizzas moi saudables con ingredentes moi naturais: pemento, cebola,queixo, ovos , fariña.... Todos os nenos participaron para amasar e despois degustaron esta pizza ten deliciosa. 

Grazas Karim e a súa familia por facernos partícipes da súa vocación. Esperamos veros noutra ocasión!!!

Imagen relacionada

FRUIT AND ART

At grade 5 we were working on fruit vocabulary and the we made an Art activity coloring some fruits on squares.

fruit tree

 

NOVO REPARTO DE LEITE

Neste curso 2018/19 o centro participa no programa Leite Escolar e Froita na Escola , así que esta semana iniciamos o reparto de leite  semidesnatada e sen lactosa  durante os recreos para todo  o alumnado. 

Velaquí vos deixamos unhas imaxes  do primeiro reparto!

reparto leite 3ºA

E tamén en Educación Infantil 



 

 

Vida saudable para todos e todas por 3ºB

FALADOIRO 3º B

 

   O alumnado de 3ºB  presentamos no noso Faladoiro unhas recomendacións que todos e todas podedes seguir para ter unha vida saudable. Estamos traballando as tres pirámides: a pirámide da alimentación, a pirámide da actividade física e a pirámide dos hábitos saudables. Esta investiganción a facemos dentro do nosos PDI: “Vida saudable para todos e todas”.

 

       Desfrutade dos nosos consellos:

NORABOA  3ºB!

Distribuir contido


by Dr. Radut