Plan Proxecta 20/21: "Protexe ós animais"

AUGA E XABÓN TAMÉN PARA MASCOTAS SON

                NA AULA DE 4 ANOS B A AUGA E XABÓN É UN MOMENTO DESFRUTADO POLOS PEQUECHOS, PERO O QUE DESCUBRIRON FOI QUE AS MASCOTAS TAMÉN PRECISABAN DESTES COIDADOS DENTRO DAS SÚAS NECESIDADES, E QUE ATA HAI PERRUQUERÍAS CANINAS E CENTROS DE BELEZA ONDE OS POÑEN GUAPÍSIMOS. 

                 ESTIVEMOS VÉNDOO NA PANTALLA PERO LOGO, ARTÍSTICAMENTE, PREPARARONLLE A O CANCIÑO UN ESPUMOSO BAÑO E SESIÓN DE  "PATICURA" DE UNLLAS.

 

    

XOGOS DE MESA CON MASCOTAS

               NA CLASE DE 4 ANOS B ACADAMOS UNA CHEA DE PROPOSTAS DIVERTIDAS PARA AMPLIAR A NOSA COLECCIÓN DE XOGOS DE MESA PERO INCORPORANDO AS NOSAS AMIGAS MASCOTAS. DESTE XEITO TRABALLAMOS ACTIVAMENTE E SUPERMOTIVADOS UNHA GRAN CANTIDADE DE CONCEPTOS, HABILIDADES E DESTREZAS QUE NOS AXUDAN A MELLORAR NA NOSA APRENDIZAXE.

 

SEGUIMOS DESFRUTANDO DOS DISFRACES DO ENTROIDO

               PASARON OS MESES PERO OS CATIVOS DE 4 AÑOS B NON ESQUECEN O BEN QUE O PASARON NO ENTROIDO COS DISFRACES INSPRADOS NAS PERSONAXES DA PELÍCULA "MASCOTAS". dAQUELA SÓ FORN UNHS DÍAS, PERO VOLTAMOS VER AS ESCEAS DE MAIOR DIVERSIÓN E POÑER ALGÚNS DOS COMPLEMENTOS DOS DISFRACE. 

 

           "DEBERÍA SER SEMPRE ENTROIDO", DIN ELES.   

MASCOTAS NAS FAMILIAS DO FRIÁN

               

                  Unha vez analix¡zados os resultados da enquisa enviada as familias, podemos dicir que:

 

     1. A metade dos fogares das nosas familias contan cunha mascota no seu fogar.

     2. Mais dun 65% das respostas confirmaron ter un canciño como a mascota elexida, un 19% preferiron ter un gato, e outras familias decantáronse por paxaros e outras especies, sen que os peixes foran elexidos nalgunha casa.

    3. Case a totalidade das familias considera que seus fillos/as implícase nas tarefas de coidado e atención dos animais da casa.

      4. Unha maioría aplastante manifesta non ter intención de empregar como agasallo de Nadal a chegada dunha mascota, só unha leve porcentaxe di ter dúbidas en facelo polas cargas que implica esta decisión.

   

       5. Finalmente, menos da metade das respostas refliten que os seus fillos son conscientes das necesidades e obligacións que supón ter ao seu cargo unha mascota. 

 

            Deste xeito constátase a importante tarefa de seguir traballando polos dereitos e necesidades dos animais, da visibilización do compromiso que se adquire cando nos facemos cargo dunha mascota e o papel imprescindible dos cativos para que esta aprendizaxe sexa de proveito nas vindeiras xeracióins.

 

 

                     Moitas grazas a todas as familias que participaron na enquisa.

 

CREANDO MASCOTAS, CREANDO ARTE

A través das cores, do arte e da imaxinación utilizamos así unha  metodoloxía que lle gusta moito aos cativos e coa que máis disfrutamos. Por iso quixemos aproveitar o proxecta "Amigos de corazón" para crear a través do arte, de novos espazos e de novos materiais , as nosas propias mascotas, botando a voar a nosa imaxinación. Todo é posible.

Tamén é ben sabido que as mascotas están presentes en obras de arte a través da historia: As Meninas, Cans xogando ao poker... ou a través de diferentes artistas como Romero Britto que xa traballamos. Pero quixemos ir un pouco máis alá e incluir as mascotas nalgunhas obras de arte máis famosas. Neste caso tocoulle a obra " Os xirasois" de Vicent Vanghog cun bonito felino.O resultado  nos encanta. Cal será a próxima obra que adaptaremos???

Powered by Drupal - Design by artinet