
Tardes de conto
"Ranilda" nas tardes de conto

Tarde de conto: "Amigos"
O martes 17 de xaneiro, Cristian de 2º B e a súa nai Ana contáronnos o conto "Amigos".
Xuntos e xuntas realizamos unha actividade de peixes estupenda.
Moitas grazas, por unha tarde tan estupenda!
Tarde de conto con "Ratiños"
Arrincaron as tardes de conto do 2017 este xoves 12 de xaneiro, con David de catro anos B e a súa nai Pilar. Elixiron nesta ocasión contos de "Ratiños".
Xa veredes que ratiños máis preciosos fixemos!
O Apalpador nas tardes de Conto.
O xoves 15 de decembro no hall de infantil Naia de 2º B e a súa nai contáronnos "O conto do Apalpador". Aproveitamos para facer manualidades para este Nadal.
Deste xeito tan divertido rematamos o trimestre das nosas tarde de conto!
Tardes de conto con "Ricitos de Ouro"
A nai de Lía Pérez, Montse Vázquez, contounos dun xeito moi atractivo o conto de "Ricitos de Ouro" e "A cor de quita".
Coma vén sendo habitual, despois do conto, un obradoiro onde o pasamos xenial.
Deixamos unha fotos dos mellores momentos: