Proxectos

Proxectos

FLORES DE PASCUA DE RECICLAXE

Os nenos e nenas de infantil axudados polas súas profes, con botellas de plástico, fixeron estas fermosísimas flores. No terceiro ciclo, coa mestra de Inglés, tamén fixeron flores que adornan as nosas portas.

Anímaste a reciclar!!!

GRAZAS MAMÁS!!!

Nas aulas de 4 anos de Educación Infantil estamos traballando o proxecto "Así son eu". Como nacemos? Foi unha pregunta que xurdiu na asamblea. E como había e hai mamás cunha barriguiña un pouquiño especial , fixemos unha sesión xenial.

Os nosos invitados foron :

  • a mamá de Sara, que tivo o seu irmás Diego
  • a mamá de Santi, que tivo ao seu irmán Pedro
  • a mamá de Gabriel, cos seus irmáns xemelgos: Víctor e Diego
  • a mamá de Irene, que aínda non tivo a Andresito, pero que é unha matrona e ensinounos como fai o seu traballo de axudar ás mamás a nacer ós seus bebés.

Podes disfrutar vendo as seguintes imaxes e vídeos desta sesión.

 

Un bico e GRAZAS MAMÁS !!!

Aquí deixámosvos uns vídeos con algúns dos mellores momentos:

Cervantes e Don Quijote

Co gallo do proxecto ARCE e o Día do Libro, estamos a coñecer distintos personaxes importantes das comunidades dos nosos centros asociados. Nas aulas de infantil están a traballar con Cervantes e o Quixote.

 Para realizar os traballos téñense inspirado no seguinte enlace do blog da Biblioteca

http://olardefriancinho.blogspot.com/2011/04/23-de-abril-dia-do-libro-e-da-rosa.html

e nun recurso traído desde o colexio Jardín de Arena de Alcázar de San Juan

MALETIN MOLINO
            MALETÍN DE RECURSOS            MOLINO

O resultado do traballo foi o seguinte:

 AULAS DE 3 ANOS

 AULAS DE 4 ANOS


AULAS DE 5 ANOS

PROXECTO O CORPO POR DENTRO

OBRADOIRO DE IGUALDADE EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de Educación Infantil participamos no programa de educativo elaborado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo: "Camiña con nós pola Igualdade".

Mara foi a encargada de traernos este programa, do cal quedamos encantados, como podedes ver nas seguintes fotos:

 

Powered by Drupal - Design by artinet