Proxectos

Proxectos

Proxecto: "A educación vial no Frian"

O Equipo de Infantil do noso colexio vén de preparar este proxecto, dedicado á Educación Vial

 


 

O alumnado de infantil achégase ó mel

Hoxe afláronnos das abellas e ensináronnos diferentes produtos relacionados con elas: colmea, xelea real, mel... Tamén coñecemos que flores lles gustan moito e quen son as súas inimigas. E por último contounos un conto dunha abella obreira que viviu unha gran aventura para salvar a súa colmea.

TEIS TEN PRAIAS

Queremos ofrecer o noso agradecemento a xente que loita polo noso litoral, aprendéndonos a coidar e conservar a natureza. Grazas ao "Plan Comunitario de Teis" e a "Voces polo litoral de Teis" pola vosa visita. Aquí temos moitas fotos desta actividade tan divertida.

 

ARTES DE PESCA

Que sorte tivemos! hoxe fíxonos unha visita o avó de Rocío (5 anos B) que é mariñeiro e contounos moitas cousas sobre as súas artes de pesca que utilizan na nosa zona para pescar. Amosounos un monton de fotos e de aparellos. Grazas por nos aprender un montón de cousas curiosas.

 

 

TRABALLANDO OS PINTORES: PAUL KLEE

Os nenos e as nenas de educación infantil xa temos traballado e aprendido de moitos pintores.
Esta vez, as clases de 5 anos, aprendemos cousas sobre Paul Klee: un pintor alemán nacido en Suiza de estilo entre surrealista i expresionista. Aquí podedes ver os nosos traballos.

Powered by Drupal - Design by artinet