Saídas 2009-10

Saídas 2009-2010

Contos para falar. As viaxes de Patri.

A derradeira semana do mes de Abril, os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º, acudimos acompañados dos nosos mestres "O VERBUM" a  "Contos para falar". A nosa sorpresa foi moi grande, cando alí atopamos a un vello amigo, Benxamín, ó que todos coñecemos.

Sorprendéronnos  cun espectáculo de música, contos e efectos especiais, onde nos formábamos parte du conto.  Para rematar fixéronnos dous agasallos: un libro e un CD.

As viaxes de Patricia, que así se chama o conto, resultaron realmente fantásticas.

Ata a próxima, e para que a espera non se faga moi longa deixámosvos cuns dos momentos máis interesantes...

 

 

 

 

ACHEGAMENTO E RESPECTO Ó MEDIO AMBIENTE.

O mércores 7 de abril, os alumnos de 4º e 5º, dentro das actividade de achegamento ó medio e entorno máis próximo, percorremos o Monte da Madroa, para estudar a súa Flora e Fauna e sacar fotos da mesmas, coa imprescindible colaboración de Manuel, o garda forestal do Monte.


Unha vez rematado o percorrido cos monitores/as do Plan Comunitario de Teis, fixemos xogos de relación co medio.


En definitiva observamos, andivemos, aprendemos, xogamos...e divertímonos moito.


O xoves 15 irán os de Infantil e 2º de priamaria.


madroa

RUEIRO DO CONSUMO

Co gallo do día internacional do Consumidor, hoxe, mércores 17 de marzo, acudimos a unha cita no IFEVI: " Rueiro do Consumo". Saímos do cole, os/as alumnos/as de 3º e 4º de primaria, ás 9:30. No IFEVI esperábannos os monitores desta actividade dispostos a contarnos cousas moi interesantes.

Alí había distintos stands onde traballar: Galicia Calidade, Obradoiros artesáns, Aula21, Climántica, Comercio Xusto, mediación de conflitos...ata un supermercado onde facer unha compra responsable.

Aprendemos moio e pasámolo moi ben. A continuación ensinámosvos unha foto de familia.

foto familia

A continuación podedes ver como foron estes rueiros:

DE VISITA AO MERCADO DO BERBES

Esta vez os nenos e nenas de 1º e 3º fomos de visita ao Mercado do Berbés. Aprendimos o nome de moitos peixes e mariscos, e moitos deles os puidemos tocar e incluso coller.  Visitamos todos os postos do mercado: de peixe, de carne, de fruta e de flores. Logo vimos un vídeo. Rematamos a nosa visita cun obradoiro onde realizamos unha pirmide alimenticia. Voltamos ao cole cun montón de agasallos.

CINE EN GALEGO

O xoves 11 de marzo, os nenos e nenas de 3º e 1º, fomos os cines Yelmo a disfrutar da película: Doraemon e o Imperio Maia. Contemplamos abraiados as andanzas do amigo Doraemon e o seu peto máxico. Aprendimos moitas cousas sobre esta civilización doutro lado do Atlántico. ¨

Ó chegar ao colexio fixemos uns debuxos sobre as esceas máis interesantes da película. podes ver os nosos traballos no seguinte enlace:

GALERIA DE IMAXES

doraemon

Powered by Drupal - Design by artinet