Felices Festas!

Dende a "Milla do Frian" desexámosvos Bo Nadal!

 

 

A Comunidade Educativa do C.E.I.P Plurilingüe Frian-Teis deséxavos Felices Festas!

RECOMENDACIÓNS DE NADAL E LECTURAS OBRIGATORIAS

Coas vacacións de Nadal  e a entrada da estación invernal, nada mellor que uns bos libros que nos axuden a mergullarnos no fantástico mundo da lectura. Aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras en galego e inglés, para todos os niveis;  sen dúbida farán as delicias non só dos cativos senón das familias. Poesía, literatura infantil, música... son moitas e variadas as opcións das que podemos gozar.

Á súa vez incluimos as lecturas obrigatorias, incluidas no plan lector para este curso 2018/2019 para cada curso.

Felices Festas e felices lecturas!!!

Edición especial Orballando novas: "Xmas Weather Forecast"

Despedimos o trimestre cunha edición especial do informativo do tempo "Xmas Weather Forecast", realizado polo alumnado de 6ºB.

Nesta ocasión, deséxannos unhas felices festas desde distintos puntos do planeta en Lingua Inglesa.

Moitas grazas por ensinarnos rincóns tan diferentes!

Despedímonos ata o ano que vén, donde seguiremos informando semana tras semana das novas relacionadas co tempo atmosférico.

 

Dende a redación de "Orballando novas" desexámosvos unhas Felices Festas.

 

No Frian no Nadal non falta unha postal


 
 
Este ano dacordo co PDI de centro realizamos diferentes obradoiros de postais navideñas, o resultado non pode ser máis satisfactorio!
"No Frian no Nadal, non falta unha postal"
 
 
 

DECORACIÓN NADAL EN FAMILIA

Como vén sendo habitual, polo fin de semana da Constitución, enviamos ás familias un traballo para axudar a decorar o colexio para o Nadal. O motivo este ano, foi unha galleta de xenxibre en movemento. Non podía ser doutro xeito para atender o proxecto deste curso: Nós somos activos e activas. Súmaste?
 
Como todos os anos a orixinalidade é asombrosa. Dispoñédevos  a desfrutar de moito arte. Se tedes tempo achegádevos a ver polos corredores estas obras de arte.
 
Corredores de Infantil:
 


 Corredores de primaria

 

Moitísimas grazas familias pola vosa colaboración!

Powered by Drupal - Design by artinet