"UNHA RECOLLIDA DE CINE"

Os nosos cativos están moi concienciados con axudar aos nosos "Amigos de corazón" e de axudar a todos aqueles que foron abandonados e coa axuda das protectoras poden saír adiante e atopar un fogar. Por iso levamos adiante a seguinte iniciativa que titulamos

"Unha recollida de cine".

Todos as aulas de Educación Infantil elaboraron unhas replicas duns lienzos do artista brasileño Romero Britto , do que é ben coñecido o seu amor polos animais. Todos os nosos cativos crearon e elaboraron estes lienzos utilizando diferentes materiais e técnicas. O resultado é sen dúbida precioso. Por iso queren sortear estes lienzos para todas as familias do Frian que queiran participar e axudar aos nosos peludiños.

Aquí vos deixamos o cartel desta iniciativa con todas as instruccións e un pequeno video resumo do traballo dos nosos pequenos e dos lienzos que formarán parte do sorteo solidario!!! 

 

RECOLLIDA A ENTRADA E SAÍDA NO PORTALÓN DE ABAIXO A PARTIRES DO 8 DE MARZO.

O SORTEO LEVARASE A CABO O DÍA 25 DE MARZO POR UNHA MAN INOCENTE!!!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet