O alumnado de 4ºA participa, por segundo ano consecutivo, na X edición de teatro interescolar organizado polo Concello de Vigo. Este ano actuamos coa obra titulada " Restaurante dous irmáns", unha obra orixinal que contén cancións adaptadas dos musicais "Annie", " Mamma mia!" e "Grease", onde o noso alumnado canta en directo, baila e fai coreografías con cordas. A obra trata sobre dous irmáns que, con moito esforzo, son quen de abrir o seu propio restaurante. Temas como a colaboración, a igualdade, a resolución de conflictos e que todos os problemas pódense solucionar contando coa axuda dos demais, tócanse nesta pequena obra. Trátanse, ademais, temas como a alimentación saudable: alimentarse ben, as diferentes propiedades dos alimentos como as vitaminas e os seus beneficios para o noso corpo que fan relación co PDI do noso cole "CEIP plurilingüe Frian Teis".
Estas son as cancións inventadas polo alumnado relacionadas co noso PDI.
|