3º de primaria: "Come rico, vive san"

COME RICO, VIVE SAN

O Servizo Municipal de Medio Ambiente do Concello de Vigo cóa colaboración de Vegalsa, realizou a actividade didáctica de alimentación saudable “COME RICO, VIVE SAN”, no mercado do Progreso ao que asistimos os alumnos de 3o de Educación Primaria do CEIP Plurilíngüe Frián- Teis o 16 de novembro de 2.018.

 

Cando chegamos, recibiunos Dna Osiris, a nosa guía. O primeiro que fixemos foi poñer os gorros e mandís de cociñeiros e facer a fotografía de grupo. A continuación, percorrimos o mercado para realizar unha compra saudable, coa que prepararíamos a nosa merenda. Os que sabíamos as respostas, das explicacións realizadas por Dna Osiris ao longo da compra dos productos, colaboramos na preparación da mesma. Dna Osiris explicounos en que consiste o plato Harvard, que implica unha comida saudable, mentras agardábamos que se fixeran as nosas empanadillas de lombos de pescada. As empanadillas estaban riquísimas e algúns poidemos repetir! Ummm! Levamos a receita para casa. Así poderemos facelas de novo! Agasalláronnos cos mandís e gorros e gozamos moito da excursión! Parabéns a todos os que fixeron posible tan interesante e saudable actividade.

 

Powered by Drupal - Design by artinet