CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE.

 

Camiña con nós pola Igualdade, programa educativo que organiza a  Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, achegounos, novos obradoiros, como cada ano.

Como cabía esperar,Elsa fíxonos reflexionar sobre moitos aspectos que están presentes nas situacións máis cotiáns das nosas vidas e que tratan de situar a homes e mulleres en planos diferentes, alonxados, en ocasións … ata enfrontados, cando realmente o que queremos é contemplar as nosas diferenzas para camiñar en boa harmonía, apoiándonos e sentindo a igualdade.

Con espíritu crítico temos que cuestionar o contido de moitas mensaxes que o entorno ofrece  a través de anuncios publicitarios, cancións, expresións… e moitas outras situacións coas que convivimos. So así  conseguiremos  dar ás nosas vidas o rumbo que realmente desexamos. Preme na foto para ver máis imaxes.

Powered by Drupal - Design by artinet