CELEBRAMOS O SAMAÍN E O HALLOWEEN 2011

O longo da derradeira semana de outobro estivemos a preparar o Samaín. Decoramos o colexio, como podes ver no seguinte enlace "Decoración do colexio" e estivemos a preparar as nosas cabazas, o venres lucían así nas portas das clases:

 

O venres despois do recreo apareceron polas clases, cantando, os máis cativos do cole vestidos de pantasmas e  convidándonos a participar no Samaín. Demos, morcegos e bruxas cantamos e bailamos en Galego, Castelán e Inglés todos/as xuntos/as.  Para rematar a festa  unhas bruxas moi especiais fixeron unha pócima para alimentar o noso comemedos.

 

Que divertido!!! Que bruxas

Que divertido!!! Que bruxas máis boas!

What a lovely Halloween!!!

Saudos e lots of kisses

Powered by Drupal - Design by artinet