Skip to Content

2ª XUNTANZA PROXECTO ARCE

O 31 de marzo do 2011, partimos cara ás Terras da Mancha, o motivo a 2ª xuntanza do proxecto Arce, Agrupaciones Escolares, do que formamos parte, co proxecto "Un bosque para leer e navegar". Esta vez o lugar de encontro foi Alcázar de San Juan, na provincia de Ciudad Real. O colexio anfitrión foi "Jardín de Arena",por certo... anfitrións perfectos.

Nesta xuntanza fixemos balance do traballado realizado ata o momento, tamén aproveitamos para  organizar o que faremos o vindeiro trimestre e sobre todo preparar a viaxe que farán os nenos e nenas de sexto o curso vindeiro á cidade de Reus.

Só estivemos tres días, pero  foi tan intenso o alí vivido que dificilmente o esqueceremos. Deixámosvos unhas imaxes da nosa estancia no colexio Jardín de Arena de Alcázar de  San Juan. Podedes ver como fomos recibidos, distintas estancias do colexio...


Durante a sesión de traballo houbo unha roda de prensa, na que fomos entrevistados por distintas prensa locais e radio. No seguinte enlace podedes ter acceso as novas escritas:

Enlace aos xornais



page | by Dr. Radut