" O rodaballo con botas "

O mércores 22 de outubro de 2008, o alumnado de 5º e 6º cursos de Primaria acudiu ó Auditorio do Centro Cultural Caixanova para participar no espectáculo musical titulado O rodaballo con botas.

 

Este concerto foi organizado pola Concellería de Educación do Concello de Vigo. Por iso, ó comenzo, Laura López Adrio, a concelleira, nos dirixiu unhas breves palabras.

Concelleira de Educación

Como o seu título indica, tratábase dunha versión do conto de Perrault (O Gato con botas) no que se intercalaban diferentes pezas tradicionais interpretadas polo Coro de Cámara Campus Stellae. Entre elas: O Rodaballo, Eu teño un canciño, Samba Lelé, e O grilo.

O grupo de cámara "Campus Stellae" en plena actuación

Tratouse dunha boa ocasión para escoitar música vocal en directo. 

Powered by Drupal - Design by artinet